Jesús Rollán
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2023.) |
Nome orixinal | (es) Jesús Miguel Rollán Prada | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacemento | 4 de abril de 1968 Madrid, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 11 de marzo de 2006 (37 anos) La Garriga, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Causa da morte | suicidio, caída | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 187 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 87 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | xogador de wáter-polo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1982 - 2004 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | wáter-polo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2004 | Xogos Olímpicos de 2004 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2000 | Xogos Olímpicos de 2000 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1996 | Xogos Olímpicos de 1996 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1992 | Xogos Olímpicos de 1992 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1988 | Xogos Olímpicos de 1988 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Jesús Miguel Rollán Prada, nado en Madrid o 4 de abril de 1968 e finado en La Garriga, provincia de Barcelona, o 11 de marzo de 2006, foi un xogador de wáter-polo español.
Biografía
[editar | editar a fonte]Jesús Rollán foi un xogador de wáter-polo español, que xogaba na demarcación de porteiro. O seu primeiro club foi o equipo madrileño Vallermoso. A Jesús dáballe moita preguiza ir aos adestramentos por non se desprazar, polo que se dedicaba a xogar cos seus amigos ao fútbol ou ao baloncesto. Pero unha lesión de ligamentos fixo que se decantase por este deporte.
Máis tarde trasladouse a Barcelona para dar un xiro importante ao seu palmarés. Licenciouse en Enxeñaría agrónoma.
Tanto a nivel de club, como coa selección española, Jesús Rollán conta cun palmarés cheo de éxitos. Os seus éxitos comezaron nos anos 1990 coa medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Barcelona. Fora un dos abandeirados da selección xunto con Manuel Estiarte.
Amigo da Infanta Cristina, foi el quen, durante os Xogos Olímpicos de Atlanta, presentoulla a Iñaki Urdangarin.
Faleceu o 11 de marzo de 2006, aos 37 anos de idade, nun balneario do municipio de La Garriga (Barcelona). Internado dende outubro de 2005, grazas ao programa Tutoría para Deportistas do Comité Olímpico Español (COE), o deportista intentaba superar os seus problemas de depresión e dependencia.
O declive de Rollán comezou ao retirarse, tralos Xogos Olímpicos de Atenas. Dende entón, e a pesar de colaborar coa Federación de Natación, separárase da súa muller, tiña problemas para ver a súa filla e xa entrara nunha espiral de autodestrución.
Días despois da súa morte, a Federación Española de Natación outórgalle a Placa de Honor, o máis alto recoñecemento dunha federación. Ademais a partir da tempada 2005-2006, créase o Trofeo Jesús Rollán que se lle outorgará ao gardameta menos goleado da tempada, equivalente ao Trofeo Zamora de fútbol.
Selección nacional
[editar | editar a fonte]Foi internacional coa selección española de wáter-polo en numerosas ocasións durante 1989-2002. Sendo a época que maiores éxitos deu ao wáter-polo español.
Clubs
[editar | editar a fonte]- Vallehermoso - (España)
- Club Natació Catalunya - (España)
- Pro Recco - (Italia)
- Club Natació Sabadell - (España)
Títulos
[editar | editar a fonte]- 2001:
- Medalla de Ouro - Xogos do Mediterráneo en Tunes.
- Medalla de Ouro - Campionatos do Mundo de Fukuoka.
- 2000:
- 1999:
- Medalla de Bronce XI Copa do Mundo Sénior, Sydney.
- 1998:
- Medalla de Ouro - VIII Campionato do Mundo, Perth.
- 1997:
- Medalla de Bronce - Xogos do Mediterráneo, Bari.
- 1996:
- Medalla de Ouro (Croacia, 7-5) - Xogos Olímpicos en Atlanta.
- 1994:
- Medalla de Prata - VII Campionato do Mundo, Roma.
- 1993:
- Medalla de Bronce - Campionato de Europa, Sheffield .
- 1992:
- Medalla de Prata - Xogos Olímpicos en Barcelona.
- 1991:
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Xogadores de wáter-polo olímpicos de España
- Suicidas de España
- Nados en Madrid
- Nados en 1968
- Finados en 2006
- Suicidios en 2006
- Medallistas olímpicos en wáter-polo
- Medallistas olímpicos de ouro por España
- Medallistas olímpicos de prata por España
- Medalla de Ouro da Real Orde do Mérito Deportivo
- Placa de ouro da Real Orde do Mérito Deportivo
- Xogadores de wáter-polo nos Xogos Olímpicos de 1988
- Xogadores de wáter-polo nos Xogos Olímpicos de 1992
- Xogadores de wáter-polo nos Xogos Olímpicos de 1996
- Xogadores de wáter-polo nos Xogos Olímpicos de 2000
- Xogadores de wáter-polo nos Xogos Olímpicos de 2004
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1992
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1996