Broken Flowers

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Broken Flowers
Ficha técnica
Título orixinalBroken Flowers
DirectorJim Jarmusch
ProdutorJon Kilik
Stacey Smith
GuiónJim Jarmusch
(Inspirado nunha idea de Bill Raden e Sara Driver)
IntérpretesBill Murray
Jeffrey Wright
Sharon Stone
Frances Conroy
Jessica Lange
Tilda Swinton
Julie Delpy
Mark Webber
Chloë Sevigny
Christopher McDonald
Alexis Dziena
MúsicaMulatu Astatke
FotografíaFrederick Elmes
MontaxeJay Rabinowitz
EstudioFive Roses
Bac Films
DistribuidoraFocus Features
Estrea5 de agosto de 2005
Duración106 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Flag of France.svg Francia
XéneroComedia dramática
Orzamento$10 000 000[1]
Recadación$46 720 491[2]

Broken Flowers é un filme estadounidense e francés, dirixido por Jim Jarmusch en 2005, e protagonizado por Christopher McDonald, Mark Webber, Jeffrey Wright, Sharon Stone, Jessica Lange, Julie Delpy, Bill Murray, Chloë Sevigny, Tilda Swinton, Frances Conroy, Heather Alicia Simms. Está encadrado no xénero de comedia dramática.

Argumento[editar | editar a fonte]

Don Johnston, un home maduro e solteiro empedernido, foi abandonado pola súa última conquista, Sherry. Resignado a seguir coa súa vida, ve como todo cambia cando recibe unha misteriosa carta de cor rosa. É dunha antiga noiva que lle informa de que ten un fillo de 19 anos que podería estar buscándoo. O seu mellor amigo e veciño, Winston, detective afeccionado e home de familia, anímao a investigar ese misterio. E aínda que é pouco amigo das viaxes, Don embárcase nunha que o levará a percorrer o país en busca de pistas sobre catro antigos amores e posíbeis nais. As inesperadas visitas a estas mulleres farán que se enfronte ao seu pasado e se leve máis dunha sorpresa.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Holtzclaw, Mike (25 de agosto de 2005). Daily Press, ed. "A Homecoming At The Naro". Consultado o 18 de febreiro de 2014. 
  2. Box Office Mojo (ed.). "Broken Flowers". Amazon.com. Consultado o 24 de febreiro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]