Julio García Comesaña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Xulio García Comesaña»)
Infotaula de personaJulio García Comesaña
Biografía
Nacemento1968 Editar o valor em Wikidata (55/56 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , físico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 734532

Julio García Comesaña, nado en Vigo en 1968, é un xestor e político galego, actual conselleiro de Sanidade.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Física na Universidade de Santiago de Compostela (1993) coa especialidade de Electrónica e fixo anos máis tarde un mestrado en administración sanitaria.

Comezou a traballar en radiofísica en 1993 no policlínico Povisa de Vigo, despois no hospital Universitari Vall d'Hebron, e finalmente no Hospital do Meixoeiro de Vigo, do que foi director de centro e posteriormente director operativo do hospital (2005-11). En 2013 foi nomeado subdirector xeral de ordenación asistencial e innovación organizativa do SERGAS. Foi director de procesos asistenciais da área sanitaria de Vigo, e en 2018 foi nomeado xerente da área sanitaria de Ourense. En 2019 pasou a ser xerente da área sanitaria de Vigo.[1]

En setembro de 2020, foi nomeado conselleiro de Sanidade por Alberto Núñez Feijóo.[2] Nas eleccións ao Parlamento galego de 2024, saíu elixido deputado por Pontevedra.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. David Lombao (5 de xullo de 2019). "O Sergas envía a Ourense ao xerente da área sanitaria de Vigo, que acumula peticións de dimisión". Praza. 
  2. David Reinero (6 de setembro de 2020). "Feijóo muda de conselleiros de Sanidade e Educación en plena pandemia a catro días da volta ás aulas e nomea un vicepresidente económico". Praza. 
  3. Cedrón, María; García Calvo, Lorena (19 de febreiro de 2024). "Este es el nuevo Parlamento de Galicia, diputado a diputado". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2024. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Jesús Vázquez Almuíña
 
Conselleiro de Sanidade
 
2020 - actualidade
Sucesor:
no cargo