Jesús Maraña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jesús Maraña
Nacemento1961
Lugar de nacementoSahagún
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupaciónxornalista
IrmánsFelipe Sahagún
Na rede
IMDB: nm3145363 Twitter: jesusmarana Dialnet: 3480686 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Jesús Maraña Marcos, nado en Sahagún (provincia de León) en 1961[1] é un xornalista, escritor e tertuliano español. É director do xornal dixital Infolibre.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Naceu na vila leonesa de Sahagún nunha familia de catro irmáns e tres irmás. Un dos seus irmáns é o xornalista especializado en relacións internacionais e profesor da Universidade Complutense, Felipe Sahagún. Jesús Maraña estudou o bacharelato no instituto de Villalón de Campos e con 16 anos saíu de León para facer o COU en Madrid. Dende entón levou a cabo unha extensa carreira profesional fóra da súa terra.

Carreira no xornalismo[editar | editar a fonte]

Licenciado en ciencias da información pola Universidade Complutense de Madrid,[1] iniciou a súa andaina profesional no diario Informaciones de Madrid. Na prensa pasou máis tarde a traballar como reporteiro no Diario Ya. Colaborou con Televisión Española no programa Si yo fuera presidente, e máis tarde no programa Hora Cero en Antena 3 con Jesús Hermida.[3] Continuou a súa carreira en distintas revistas e semanarios dende 1985 no Grupo Zeta: foi redactor da revista Tiempo e cofundador da revista Tribuna en 1988.

O seu regreso ao xornalismo diario produciuse en 1995 no diario El Mundo como redactor xefe.[3] En 1999 incorporouse a Interviú, sendo nomeado director da publicación. En novembro de 2001 participou na tertulia da emisora Onda Cero La brújula.[4] En 2002 asumiu a dirección do conxunto das revistas do Grupo Zeta e dende 2005 fíxose cargo da dirección da revista Tiempo de Hoy.[2] En 2005 empezou a participar nas tertulias políticas Madrid opina, de Telemadrid. Colaborou nos programas de RTVE Los desayunos de TVE, 59 segundos e En días como hoy en Radio Nacional de España.[5] Tamén aparece de maneira habitual nos debates dos programas La Sexta noche e Al rojo vivo.[6]

Dende 2007 até 2010 ocupou o cargo de subdirector no xornal Público, após a partida do seu anterior director, Félix Monteira, ao ser nomeado este secretario de Estado de Comunicación.[7] Maraña foi director de Público até que deixou de publicarse o diario na súa edición en papel en 2012. En 2013 fundou o xornal en liña Infolibre, web da que é director.[2]

Obras[editar | editar a fonte]

  • 2015 – Conversaciones con Luis García Montero. Ediciones Turpial. ISBN: 9788495157836.[8]
  • 2017 – Al fondo a la izquierda. Editorial Planeta. ISBN:9788408171157.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Felipe Sahagún (17 de outubro de 2014). "Jesús Maraña, un periodista ejemplar". 
  2. 2,0 2,1 2,2 Infolibre. "Jesús Maraña". 
  3. 3,0 3,1 Asociación de la Prensa de Madrid. "Jesús Maraña Marcos". 
  4. "La tertulia: ¿Favorece el último CIS a la estrategia del PSOE de cara a la investidura de Sánchez?". 
  5. Prensa RTVE (8 de decembro de 2019). "Aitor Esteban, este lunes 9 de diciembre en 'Los desayunos de TVE'". 
  6. La Sexta. "Jesús Maraña, sobre la sociedad vinculada a Moix: "Mantenerla cuesta más que liquidarla"". 
  7. Público.es. "Félix Monteira, nuevo secretario de Estado de Comunicación". Arquivado dende o orixinal o 7 de marzo de 2010. 
  8. Romero, Juanma (5 de maio de 2015). "García Montero: “Me presento porque hace falta una izquierda clara”". 
  9. «Jesús Maraña presenta su libro 'Al fondo a la izquierda' este domingo en Aravaca». Infolibre. 31 de outubro de 2017.