Jesús Lema Lema

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJesús Lema Lema
Biografía
Morte22 de xullo de 1948 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata

Jesús Lema Lema, finado en Santiago de Compostela o 22 de xullo de 1948, foi un practicante e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Practicante e corredor de comercio en Santiago de Compostela. Foi secretario do Recreo Artístico de Compostela.[1] Militante de Unión Republicana, foi nomeado delegado da sección de prensa do grupo local de Compostela en xuño de 1935,[2] e vicepresidente en xaneiro de 1936.[3] En febreiro de 1936 foi nomeado delegado gobernativo,[4] e foi o encargado de destituír á corporación municipal de Compostela.[5] Na campaña do referendo do Estatuto participou nos mitins organizados polo Comité pro-Autonomía da zona de Santiago.[6][7]

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en consello de guerra o 19 de novembro xunto cos demais membros do Comité de Defensa da República de Compostela, José Germán Fernández, Manuel Maroño Calvo, Modesto Pasín Noya, Luis Rastrollo González, Luís Martínez Nouche, José Maroño Calvo, Francisco Ponte Ces, Rafael Pardo Carmona, Fernando Domínguez Caamaño, Rafael Frade Peña e José Carnero Valenzuela, acusados de traizón, foron condenado a pena de morte.[8] A Jesús e a José Carnero Valenzuela foilles conmutada a pena. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1942.[9] Finou en Compostela o 22 de xullo de 1948.[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Compostelano, 29-1-1936, p. 1.
  2. El Pueblo Gallego, 23-6-1935, p. 21.
  3. El Compostelano, 13-1-1936, p. 2.
  4. El Eco de Santiago, 20-2-1936, p. 2.
  5. El Ideal Gallego, 20-2-1936, p. 5.
  6. El Compostelano, 18-6-1936, p. 2.
  7. El Ideal Gallego, 24-6-1936, p. 5.
  8. El Compostelano, 19-11-1936, p. 2.
  9. BOE, 15-9-1942, p. 3622.
  10. La Noche, 22-7-1948, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Lamela García, Luis (2005). 1936, la 'Cruzada' en Compostela. La guerra civil y la represión franquista en los documentos policiales y militares. Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-186-9.