Luís Martínez Nouche
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de setembro de 1902 Santiago de Compostela, España |
Morte | 3 de decembro de 1936 (34 anos) cemiterio de Boisaca, España |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | político |
Luís Martínez Nouche, nado en Santiago de Compostela o 29 de setembro de 1902 e finado no mesmo concello o 3 de decembro de 1936, foi un funcionario e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Inspector xefe de arbitrios de Santiago de Compostela. Afiliado ao Partido Federal. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi axente do Comité Executivo da Fronte Popular de Compostela, participando na requisa de armas. Foi xulgado no consello de guerra contra os doce membros do Comité da Fronte Popular o 19 de novembro e condenado á pena de morte. Fusilárono nas inmediacións do cemiterio de Boisaca o 3 de decembro de 1936 con Manuel Maroño Calvo, José Maroño Calvo, Modesto Pasín Noya, Fernando Domínguez Caamaño, Francisco Ponte Ces, Rafael Pardo Carmona, Rafael Frade Peña, Luis Rastrollo González e José Germán Fernández.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Lamela García, Luis (2005). 1936, la 'Cruzada' en Compostela. La guerra civil y la represión franquista en los documentos policiales y militares. Sada: Do Castro. pp. 279–280. ISBN 84-8485-186-9.