Modesto Pasín Noya
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de outubro de 1903 Pontevedra, España |
Morte | 3 de decembro de 1936 (33 anos) Santiago de Compostela, España |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Lugar de sepultura | cemiterio de Boisaca |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | pintor , sindicalista |
Lingua | Lingua galega |
Familia | |
Pai | José Pasín Romero |
Irmáns | Marcelino Pasín Noya |
Modesto Pasín Noya, nado en Pontevedra o 17 de outubro de 1903 e executado en Santiago de Compostela o 3 de decembro de 1936, foi un político e sindicalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de José Pasín Romero. Pintor e dourador. Traballador en Aguas Potables SA. Afiliado á CNT e comunista. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 formou parte do Comité de Defensa da República constituído no concello compostelán en representación do PCE. Foi detido aos poucos días. Xulgado en consello de guerra e acusado de traizón, foi condenado a pena de morte. Foi executado no cemiterio de Boisaca o 3 de decembro de 1936.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Lamela García, Luis (2005). 1936, la 'Cruzada' en Compostela. La guerra civil y la represión franquista en los documentos policiales y militares. Sada: Do Castro. p. 271. ISBN 84-8485-186-9.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Marcelino Pasín Noya (irmán)