Rafael Pardo Carmona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rafael Pardo Carmona
Nacemento12 de xullo de 1899
Lugar de nacementoSantiago de Compostela
Falecemento3 de decembro de 1936
Lugar de falecementoSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmestre e político
editar datos en Wikidata ]

Rafael Pardo Carmona, nado en Santiago de Compostela o 12 de xullo de 1899[1] e finado no mesmo concello o 3 de decembro de 1936, foi un mestre e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi mestre interino de Arzúa (1926),[2] Moar (1927),[3] Lintín (1928), Rial (1929) e Baño (Muros).[4] Colaborou en El Pueblo Gallego. Coa folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido en Santiago de Compostela en outubro. Afiliado a Izquierda Republicana. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado no consello de guerra contra os doce membros do Comité da Fronte Popular o 19 de novembro,[5] foi condenado á pena de morte. Fusilárono nas inmediacións do cemiterio de Boisaca o 3 de decembro de 1936 con Manuel Maroño Calvo, José Maroño Calvo, Modesto Pasín Noya, Fernando Domínguez Caamaño, Francisco Ponte Ces, Luís Martínez Nouche, Rafael Frade Peña, Luis Rastrollo González e José Germán Fernández.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 88. 
  2. El Ideal Gallego, 17-6-1926, p. 4.
  3. El Ideal Gallego, 7-9-1927, p. 3.
  4. "De Padrón a Muros. A represión educativa e cultural (1936-1950)"
  5. Diario de Pontevedra, 20-11-1936, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]