Jesús Huerta de Soto
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Jesús Huerta de Soto Ballester 23 de decembro de 1956 (67 anos) Madrid, España |
Catedrático | |
Profesor universitario | |
Datos persoais | |
Residencia | España |
Ideoloxía política | Liberalismo, libertarianismo (pt) e anarcocapitalismo (pt) |
Relixión | Catolicismo |
Educación | Universidade Complutense de Madrid Universidade Stanford |
Director de tese | Pedro Schwartz |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | economista, conferencista (pt) , Intelectual, profesor universitario, escritor |
Empregador | Universidade Rei Xoán Carlos Universidade Complutense de Madrid |
Membro de | |
Movemento | Anarcocapitalismo (pt) e Escola Austríaca de Economía |
Participou en | |
9 de abril de 2003 | Democracia sen rabia |
Obra | |
Obras destacables | |
Doutorando | Juan Ramón Rallo e Gabriel Calzada (en) |
Descrito pola fonte | Obálky knih, mises.at (en) >>>:Jesús Huerta de Soto, |
Sitio web | jesushuertadesoto.com |
Jesús Huerta de Soto, nado en Madrid en 1956, é un economista español da escola de Viena e doutor en Dereito (1984) e en Ciencias Económicas e Empresariais (1992).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Obtivo dous títulos de doutor: en Dereito, en 1984, e en Ciencias Económicas e Empresariais, en 1992, ambos pola Universidade Complutense de Madrid. Foi alumno tamén da Universidade Stanford na que obtivo o título de MBA. Profesor de Economía Política na Facultade de Dereito da Universidade Complutense de Madrid desde 1979, actualmente é catedrático na Facultade de Ciencias Xurídicas e Sociais da Universidade Rei Xoán Carlos. En 1983 obtivo o Premio Extraordinario de Economía Rei Xoán Carlos, sendo o economista máis novo en obtelo.
Huerta de Soto, ademais, pertence ao Instituto Ludwig von Mises, ao equipo de dirección da Sociedade Mont Pelerin, ao consello editorial do Quarterly Journal of Austrian Economics e é cofundador da Sociedade para o Estudo da Acción Humana. Tamén colabora co Instituto Juan de Mariana de Madrid.
Pensamento
[editar | editar a fonte]Huerta de Soto, ideoloxicamente falando, afirma a superioridade teórica do anarcocapitalismo sobre o liberalismo clásico.[1] Tamén sostén a necesidade dun cambio total do actual sistema económico: regreso ao patrón ouro e coeficiente de caixa de bancos do 100%. Huerta de Soto comparte con outros pensadores, como Murray Rothbard, a tese de que a Escola de Salamanca no Século de Ouro é un precedente filosófico, xurídico e económico dalgunhas teses libertarias e que é o berce do que hoxe chamamos ciencia económica.[2].
Galardóns
[editar | editar a fonte]En febreiro de 2005 recibiu o Premio Adam Smith outorgado anualmente polo Centro para a Nova Europa (CNE) pola súa obra científica, de recoñecemento internacional, e as súas achegas á teoría austríaca do ciclo económico no seu libro "Dinero, crédito bancario y ciclos económicos"[3].
En 2009 a Universidade Francisco Marroquín, de Guatemala, outorgoulle un doutoramento honoris causa.[4]
Obra
[editar | editar a fonte]- Planes de pensiones privados (1984)
- Lecturas de Economía Política (1987)
- Socialismo, Cálculo Económico y Función Empresarial (1992)
- Estudios de Economía Política (1994)
- Dinero, Crédito Bancario y Ciclos Económicos (1998)
- La Escuela Austriaca: mercado y creatividad empresarial (2000)
- Nuevos estudios de economía política.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Revista Procesos de mercado, Liberalismo versus anarcocapitalismo, volume 4 número 2 (2007)
- ↑ In memoriam M.N. Rothbard, véxase Raíces salmantinas da escola austriaca, por Jesús Huerta de Soto
- ↑ "Brussels's Capitalist Ball Honours Heroes of Liberty". Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2008. Consultado o 07 de xuño de 2011.
- ↑ "Doutoramentos Honoris Causa, Universidade Francisco Marroquín". Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2011. Consultado o 07 de xuño de 2011.