Instituto Juan de Mariana
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Instituto Juan de Mariana | |
---|---|
Acrónimo | IJM |
Tipo | laboratorio de ideas |
Ideoloxía | Escola Austríaca de Economía |
Campo de traballo | Política económica |
Data de fundación | 2005 |
Presidente/a | Gabriel Calzada (en) (-) |
Director/a | Juan Ramón Rallo |
En | Madrid |
País | España |
Na rede | |
https://www.juandemariana.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Instituto Juan de Mariana (IJM) é un think tank de orientación liberal con sede en Madrid, España que foi fundado no ano 2005. Os seus obxectivos son, de acordo cos seus estatutos, "dar a coñecer ao gran público español, europeo e latinoamericano, os beneficios que para os intereses xerais proporcionan a propiedade privada, a libre iniciativa empresarial e a limitación do ámbito de actuación dos poderes públicos".[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O instituto tomou o seu nome do representante tardío da Escola de Salamanca, Juan de Mariana. A organización patrocina o Mestrado de Economía da Escola austríaca na Facultade de Ciencias Xurídicas e Sociais da Universidade Rei Xoán Carlos de Madrid.
Entre os seus membros fundadores atópase o seu actual presidente, Gabriel Calzada, reitor da Universidade das Hespérides e ex-reitor da Universidade Francisco Marroquín, Juan Ramón Rallo, Raquel Merino, Daniel Rodríguez Herrera, José Carlos Rodríguez ou Gonzalo Melián.
O Instituto Juan de Mariana afirma non aceptar subvencións nin calquera outro tipo de subsidios públicos a fin de manter a súa independencia do poder político.[1] Finánciase por medio de doazóns privadas, ben sexa dos seus socios, membros ou de benefactores coma empresas ou outros think tanks.
Actividades
[editar | editar a fonte]O instituto organiza con regularidade conferencias, seminarios e cursos durante o ano lectivo. Unha das súas actividades estrela é a semana da liberdade, que comprende o Congreso de Economía Austriaca, a feira do libro liberal Liberacción e a Cea da Liberdade.
Tamén organiza a universidade de verano, que se ten celebrado en Aranjuez, Lanzarote e en San Lorenzo de El Escorial.
Dende o ano 2007 entregase o Premio Juan de Mariana a personalidades destacadas na defensa e promoción de valores relacionados co pensamento liberal e a liberdade individual. En 2024, o gañador do premio foi o Presidente da República Arxentina Javier Milei. [2]
Premios
[editar | editar a fonte]No 2008, o Instituto recibiu o premio Templeton Freedom Award.
En 2009 foi galardoado co Fisher Venture Grant outorgado polo Instituto Hayek".[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Instituto Juan de Mariana: Misión y objetivos". web.archive.org. 2010-01-17. Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2010. Consultado o 2024-04-04.
- ↑ juandemariana (2024-02-17). "Javier Gerardo Milei, Premio Instituto Juan de Mariana 2024". Instituto Juan de Mariana (en castelán). Consultado o 2024-04-04.
- ↑ "Recipients of 2009 Fisher Venture Grants". web.archive.org. 2009-12-25. Archived from the original on 25 de decembro de 2009. Consultado o 2024-04-04.