Jesús Hermida Cebreiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jesús Hermida Cebreiro
Nacemento10 de setembro de 1933
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Politécnica de Madrid
Ocupaciónpolítico
IrmánsBenito Hermida Cebreiro
PremiosReal Orden del Mérito Deportivo
editar datos en Wikidata ]

Jesús Hermida Cebreiro, nado en Santiago de Compostela[1] ou Marín[2] o 10 de setembro de 1933, é un antigo atleta, político e dirixente deportivo galego, que chegou a presidir o Comité Olímpico Español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Enxeñeiro pola Universidade Politécnica de Madrid, e licenciado en Dereito, completou a súa formación no campo do turismo. Practicou o atletismo coa Sociedad Gimnástica de Pontevedra, e chegou a campión de España.

Cando se retirou da práctica deportiva activa comezou a súa carreira como dirixente deportivo, primeiro a nivel local e logo a nivel español. Foi presidente do Consejo Superior de Deportes e posteriormente (1979) foi escollido secretario de estado para o deporte polo goberno de Adolfo Suárez, posto que mantivo no primeiro goberno de Leopoldo Calvo-Sotelo Bustelo e ata a vitoria electoral do Partido Socialista en 1982. Paralelamente, proseguiu a súa carreira no movemento olímpico, e foi secretario técnico do Comité Olímpico Español e entre 1980 e 1983 presidente desta entidade, posto que simultaneou co de máxima autoridade deportiva no plano político.

Dentro do deporte universitario, foi asesor do Comité executivo da Federación Internacional de Deporte Universitario nos anos setenta, e o encargo de dirixir a Universíada celebrada en México DF en 1977.

No Partido Popular[editar | editar a fonte]

Nos anos noventa, xa como militante do Partido Popular, foi designado polo goberno de José María Aznar gobernador civil en Cádiz, posto que ocupou entre 1996 e 1997, e posteriormente en Toledo (1997-2003), baixo a nova denominación de subdelegado do goberno. Na actualidade segue a ser membro do Comité Olímpico Español en calidade de ex-presidente[3].


Predecesor:
Benito Castejón
 presidente do COE 
1980-1983
Sucesor:
Romá Cuyás

Galardóns[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]