Françoise Dorléac

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Françoise Dorléac
Dorleac-1967-Helsinki (cropped).jpg
Nacemento21 de marzo de 1942
 París
Falecemento26 de xuño de 1967
 Villeneuve-Loubet
Causaaccidente de tráfico
SoterradaSeine-Port
NacionalidadeFrancia
Alma máterConservatoire national supérieur d'art dramatique
Ocupaciónactriz e actriz de cinema
PaiMaurice Dorléac
NaiRenée Simonot
IrmánsCatherine Deneuve, Sylvie Dorléac e Danielle Clariond
editar datos en Wikidata ]

Françoise Paulette Louise Dorléac, nada en París o 21 de marzo de 1942 e finada en Niza o 26 de xuño de 1967, foi unha actriz e modelo francesa, irmá máis vella de Catherine Deneuve, coa que protagonizou o musical de 1967, Les demoiselles de Rochefort. Outros dos seus filmes foron L'homme de Rio de Philippe de Broca, La peau douce de François Truffaut, Cul-de-sac de Roman Polanski e Where the Spies Are de Val Guest.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros filmes[editar | editar a fonte]

Dorléac era filla dos actores Maurice Dorléac e Renée Simonot. Delgada, guapa e loura, debutou en Les Loups dans la bergerie (1960), dirixida por Hervé Bromberger. A continuación apareceu en Les portes claquent (1960) con Dany Saval e a súa irmá Catherine Deneuve. Dorléac tivo un pequeno papel en Ce soir ou jamais (1961) con Anna Karina do director Michel Deville, La fille aux yeux d'or (1961) con Marie Laforêt, Tout l'or du monde (1961) con Bourvil, e Adorable menteuse (1961) de Deville.

Dorléac foi a protagonista do filme de Jean-Pierre Cassel La gamberge (1962) e unha das peresonaxes principais no telefilme, Les trois chapeaux claques (1962), direxido por Jean-Pierre Marchand. Volveu reunirse con Cassel en Arsène Lupin contre Arsène Lupin (1962) e foi un dos moitos nomes que apareceu en Teuf-teuf (1963).

Estrela en Francia[editar | editar a fonte]

Dorléac deu o salto ao estrelado internacional ao interpretar a protagonista de L'homme de Rio (1964) protagonizado por Jean-Paul Belmondo e dirixido por Philippe de Broca. A este, seguiuno La peau douce (1964) direxida por François Truffaut.

Apareceu en The Gentle Art of Seduction (1964) con Belmondo e Jean-Paul Brialy, e coa súa irmá nun papel secundario. Foi tamén unha das estrelas francesas que apareceu en La ronde (1964) de Roger Vadim, apareceu no programa de televisión Les petites demoiselles (1964), dirixido por Deville e protagonizado por De Broca e en La chasse à l'homme (1964), con Belmondo e Catherine Deneuve.

Carreira internacional[editar | editar a fonte]

Françoise Dorléac e Michael Caine durante a rodaxe de Billion Dollar Brain no Helsinki Ice Hall, febreiro de 1967.

L'homme de Rio e La peau douce foron apreciadas internacionalmente e Dorléac recibiu unha oferta para interpretar a protagonista nun filme épico financiado por Hollywood, Genghis Khan (1965). Posteriormente foi o interese romántico de David Niven nun filme de espías da MGM, Where the Spies Are (1966).

Dorléac interpretou unha esposa adúltera na comedia negra de Roman Polanski Cul-de-sac (1966), rodada no Reino Unido. Volveu a Francia para protagonizar unha adaptación televisiva da novela de Prosper Mérimée Julie de Chaverny ou la Double Méprise (1966) dirixida por Marchand. Entón uniuse a Gene Kelly e a súa irmá Catherine, nese momento xa unha estrela cinematográfica, en Les demoiselles de Rochefort (1967), homenaxe aos musicais clásicos de Hollywood.

O seu último papel foi a protagonista de Billion Dollar Brain (1967) con Michael Caine, que interpretaba o espía Harry Palmer.

Falecemento[editar | editar a fonte]

Dorléac estaba no limiar da súa carreira cando faleceu o 26 de xuño de 1967 nun accidente de tráfico. Perdeu o control do seu Renault 10 alugado e golpeou un poste de sinalización a dez quilómetros de Niza na saída de Villeneuve-Loubet na autoestrada La Provençale.[1] O coche envorcou e comezou a arder. Estaba de camiño ao aeroporto de Niza e tiña medo de perder o seu voo. Foi vista tratando de saír do coche, mais foi incapaz de abrir a porta. A policía identificou o seu corpo só por un fragmento dun talonario de cheques, un diario e o seu carné de conducir.[1]

Foi enterrada na tumba familiar situada en Seine-Port (Seine-et-Marne), onde ela pasaba a súa infancia.[2]

Homenaxes[editar | editar a fonte]

A canción Elle avait mon âge,[3] con letra de Michelle Senlis e música de Jean Ferrat, interpretada en 1967 por Isabelle Aubret, é un homenaxe a Françoise Dorléac e a Nicole Berger, falecida en abril de 1967, tamén nun accidente de tráfico.

Dorléac é mencionada na letra da canción Le Film de Polanski, publicada no álbum Raconte-toi de 1975 do cantautor Yves Simon.[4]

A praza situada diante da estación de Rochefort foi bautizada como Françoise-Dorléac en 1992 e o concello de París decidiu así mesmo en abril de 2013 bautizar como place Françoise-Dorléac á vía CN/18 do quartier des Grandes-Carrières do 18e arrondissement de París[5], place où se situent également une école maternelle[6] e tamén unha escola elemental.[7]

O 15 de outubro de 2010 no Château de Courson en Courson-Monteloup, Catherine Deneuve participou na presentación dunha nova variedade de camelia bautizada Françoise Dorléac.

Filmografía[editar | editar a fonte]

  • Cinépanorama (serie documental, 1959) - ela mesma
  • Les loups dans la bergerie (1960) - Madeleine
  • Les portes claquent (1960) - Dominique
  • Les échos du cinéma (serie de televisión, 1961-1962) - ela mesma
  • Ce soir ou jamais (1961) - Danièle
  • La fille aux yeux d'or (1961) - Katia
  • Tout l'or du monde (1961) - La journaliste
  • Adorable menteuse (1962)
  • La gamberge (1962) - Françoise
  • Les trois chapeaux claques (telefilme, 1962) - Paula
  • Discorama (serie de televisión, 1962) - ela mesma
  • Arsène Lupin contre Arsène Lupin (1962) - Nathalie Cartier
  • Teuf-teuf (telefilme, 1963)
  • 4 FOIS D - Françoise Dorléac (curtametraxe documental, 1964) - ela mesma
  • L'homme de Rio (1964) - Agnès Villermosa
  • La peau douce (1964) - Nicole
  • La ronde (1964)
  • La chasse à l'homme (1964) - Françoise Bicart alias Sandra Rossen
  • Les petites demoiselles (telefilme, 1964)
  • Grand écran (serie documental, 1964) - ela mesma
  • Ni figue ni raisin (serie de televisión, 1965) - ela mesma
  • Genghis Khan (1965) - Bortei
  • Where the Spies Are (1966) - Vikki
  • Cul-de-sac (1966) - Teresa
  • New Reports from France (serie documental, 1966) - ela mesma, episodio 4
  • Dim Dam Dom (serie documental, 1966) - ela mesma
  • Gala de l'Unicef (serie de televisión, 1966) - ela mesma
  • Septième art septième case (serie de televisión, 1966) - ela mesma
  • Derrière l'écran (serie de televisión, 1966) - ela mesma
  • Julie de Chaverny ou la Double Méprise (telefilme, 1967) - Julie
  • Tilt (serie de televisión, 1967) - ela mesma
  • Hollywood in Deblatschka Pescara (curtametraxe, 1967) - ela mesma, sen acreditar
  • Les demoiselles de Rochefort (1967) - Solange Garnier
  • Billion Dollar Brain (1967) - Anya
  • The Monkees (serie de televisión, 1968) - ela mesma, sen acreditar; filmado días antes da súa morte e emitido postumamente

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Gietinger, Klaus (2014). 99 Crashes. Prominente Unfallopfer (en inglés). Westend Verlag. 
  2. « À Nandy et Seine-Port, personne n'oublie les “sœurs jumelles” », Le Parisien, 16 de xullo de 2010.
  3. "Yves Simon". Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2017. Consultado o 28 de marzo de 2020. 
  4. [https://web.archive.org/web/20171010072723/http://www.parisrues.com/rues18/paris-18-place-francoise-dorleac.html Arquivado 10 de outubro de 2017 en Wayback Machine.
  5. https://www.ac-paris.fr/serail/jcms/s2_391037/fr/accueil París]
  6. Noticia

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]