Jean-Luc Mélenchon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jean-Luc Mélenchon
Jean-Luc Mélenchon

Copresidente da oficina nacional do Partido de Esquerda
Actualmente no cargo
Dende o 1 de febreiro de 2009
Vicepresidente Martine Billard (desde 2010)
Precedido por Creación do partido

Actualmente no cargo
Dende o 14 de xullo de 2009

1 de outubro de 2004 – 7 de xaneiro de 2010

2 de outubro de 1986 – 27 de abril de 2000

Ministro delegado á Ensinanza profesional
27 de marzo de 2000 – 6 de maio de 2002
Presidente Jacques Chirac
Precedido por Claude Allègre
Sucedido por Luc Ferry

Datos persoais
Nacemento 19 de agosto de 1951
Tánxer (Marrocos)
Partido OCI
Partido socialista
Partido de Esquerda
Profesión Profesor da Ensinanza laboral
Periodista
Relixión Católico (non practicante) [1]

Jean-Luc Mélenchon, nado en Tánxer o 19 de agosto de 1951, é un político francés, eurodeputado e co-presidente do Partido de Esquerda. Electo local de Massy e logo do departamento de Essonne a partir de 1983, foi elixido senador de Essonne en 1986 e reelixido en 1995 e 2004. Foi despois elixido eurodeputado na Circunscrición do Suroeste de París en 2009, baixo a bandexa da Fronte de Esquerda, que comprende o Partido Comunista Francés, o Partido de Esquerda e Esquerda Unitaria.

Jean-Luc Mélenchon foi ministro de Ensinanza profesional de 2000 até o 2002, baixo o goberno de cohabitación do primeiro ministro socialista Lionel Jospin. No Partido socialista, formou parte da ala esquerda, até que no Congreso de Reims de novembro de 2008, decide deixar o partido para crear o Partido de Esquerda. Foi presidente da oficina nacional do Partido de Esquerda, sendo actualmente o co-presidente, con Martine Billard. O 21 de xaneiro de 2011, oficializa a súa candidatura nas eleccións presidenciais de Francia de 2012 como candidato da Fronte de Esquerda.

Obra[editar | editar a fonte]

  • À la conquête du chaos (1991)
  • Rocard, le rendez-vous manqué (1994)
  • Le Nouvel Âge du capitalisme (1998)
  • Pour la république sociale (2002)
  • Causes républicaines (2004) (reedición de textos publicados en Le Monde, Marianne, Politis, La Nouvelle Revue socialiste, À Gauche, e outros.)
  • En quête de gauche (2007)
  • Laïcité : réplique au discours de Nicolas Sarkozy, chanoine de Latran (2008)
  • L'Autre Gauche (2009)
  • Qu'ils s'en aillent tous (2010)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. ""Jean-Luc Mélenchon LA FOI EST UNE BRÛLURE"". Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2013. Consultado o 22 de decembro de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]