Jean-François Lamour

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jean-François Lamour
UMP regional elections Paris 2010-01-21 n3.jpg
Nacemento2 de febreiro de 1956
 París
NacionalidadeFrancia
Ocupaciónpolítico e esgrimista
CónxuxeIsabelle Spennato-Lamour
PremiosL'Équipe Champion of Champions
editar datos en Wikidata ]

Jean-François Lamour, nado en París o 2 de febreiro de 1956, é un tirador de esgrima retirado e un político francés, gañador de cinco medallas olímpicas.

Actividade deportiva[editar | editar a fonte]

Participou con 24 anos nos Xogos Olímpicos de 1980 celebrados en Moscova, rematando vinte e un na proba individual de sabre. Nos Xogos Olímpicos de 1984 dos Ánxeles gañou a medalla de ouro na proba de sabre individual e a medalla de prata por equipos. Catro anos despois nos Xogos Olímpicos de 1988 de Seúl revalidou o seu título olímpico na proba individual, se ben por equipos unicamente puido gañar un diploma olímpico ao finalizar cuarto. Nos Xogos Olímpicos de 1992 de Barcelona gañou senllas medallas de bronce na proba individual e por equipos.

Ao longo da súa carreira gañou catro medallas no Campionato do Mundo de Esgrima, unha delas de ouro; trece veces o título nacional de sabre individual e gañou unha medalla de ouro nos Xogos do Mediterráneo.

Actividade política[editar | editar a fonte]

Membro da Unión por un Movemento Popular (UMP), o ano 1993 o alcalde de París designouno conselleiro técnico para a mocidade e o deporte e no ano 1995 deixou o posto para converterse en conselleiro técnico desas funcións no Secretariado Xeral da Presidencia da República Francesa. Desde o ano 1997 é académico da Académie des Sports

En maio de 2002 o primeiro ministro Dominique de Villepin elixiuno como o seu ministro de deportes, posto que ocupou ata marzo de 2004, momento no que pasou a ser titular do Ministerio de Mocidade, Deportes e Vida Asociativa no goberno de Jean-Pierre Raffarin, ocupando o cargo ata maio de 2007. En xuño de 2007 elixírono deputado na Asemblea Nacional e desde 2008 compatibiliza ese posto co de concelleiro de París, e presidente do grupo UMP no concello parisino, e desde febreiro de 2013 co de vicepresidente da UMP

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]