Jayson Granger

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jayson Granger
Jayson Granger 15 - Saski Baskonia 20171215.jpg
Kirolbet Baskonia  – No. 15
Base / Escolta
Información persoal
Nacemento 15 de setembro de 1989 (29 anos)
Flag of Uruguay.svg Montevideo
Nacionalidade Flag of Uruguay.svg Uruguai / Italia Italia
Altura 1,89 m (6 ft 2.5 in)
Peso oficial 91 kg (200 lb)
Información da carreira
NBA Draft 2011 / Elección: Sen draftear
Carreira dende 2007
Historial de equipos
Estudiantes (2007–2013)
Málaga (2013–2015)
Anadolu Efes (2015–2017)
Baskonia (2017–presente)

Jayson Antonie Granger Amodio, nado o 15 de setembro de 1989 en Montevideo, é un xogador profesional de baloncesto internacional uruguaio que xoga para o Kirolbet Baskonia da Liga ACB. Cunha estatura de 1,89 metros pode xogar nas posicións de base e escolta.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

No ano 2006, con tan só 16 anos, Granger asinou co CB Estudiantes, e debutou co primeiro equipo na tempada 2007-08. Tras rematar o seu contrato co Estudiantes, fichou polo Unicaja da Liga ACB.[1]

O 26 de xuño de 2015, asinou un contrato de dous anos co Anadolu Efes SK turco.[2]

O 16 de agosto de 2017, Granger asinou un contrato de tres anos co Baskonia da Liga ACB.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Jayson Granger, tercer fichaje del Unicaja". Baloncesto Málaga. 17 de xullo de 2013. Arquivado dende o orixinal o 1 de xullo de 2015. Consultado o 28 de xuño de 2015. 
  2. "Jayson Granger Anadolu Efes’te...". Anadolu Efes S.K. 26 de xuño de 2015. Consultado o 26 de xuño de 2015. 
  3. "Jayson Granger, dirección y potencia física para Baskonia - Saski Baskonia". Saski Baskonia. 16 de agosto de 2017. Consultado o 16 de agosto de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]