Flanagan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Flanagan é un personaxe creado polos escritores Andreu Martín e Jaume Ribera. O seu nome real é Joan Anguera Cañabate. Trátase dun detective privado que vive nun barrio obreiro de Barcelona.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Comeza a súa xeira moi novo, cursando Oitavo de EXB (13 anos), e vai medrando conforme lle pasan as historias. As súas aventuras tamén aumentan en importancia. Así, empeza por adiviñar tallas de suxeitadores, e remata resolvendo casos de pedofilia, maltrato, secuestros, ou tráfico de bebés, pero sempre desde unha perspectiva amena, didáctica e xuvenil.

Cada un dos libros é independente dos anteriores, se ben teñen relación uns cos outros e adoitan comezar explicando como terminaron os asuntos que deixou pendentes no anterior, especialmente no tema sentimental.

Fixo unha incursión no terreo da sexualidade co libro O diario vermello de Flanagan, paralelo a O diario vermello de Carlota (escrito por Gemma Lienas), no que ambos describen a experiencia sexual vivida xuntos, pero desde puntos de vista diferentes. Este libro afástase un pouco do estilo das outras novelas, e constitúe en si mesmo unha aventura independente.

Entre as súas parellas están Clara Longo, Carmen Ruano, Nines, María Gual, Blanca Online e Carlota. Ten flirteado con Bruna e con Eva Ferrer.

Ao longo das trece novelas o personaxe foi crecendo e madurando, tanto nas súas deducións, a súa forma de pensar, e nas situacións nas que se involucra. Os autores deixan ver as súas influencias con mencións a Philip Marlowe ou Sherlock Holmes, así como os seus gustos musicais (Creedence Clearwater Revival, Guns N' Roses...) Aparece tamén noutra novela dos mesmos autores, da saga do detective Àngel Esquius.

Libros[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]