Jane Ellen Harrison

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jane Ellen Harrison
Jane Ellen Harrison.jpg
Nacemento9 de setembro de 1850
 Cottingham
Falecemento15 de abril de 1928
 Bloomsbury
NacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda e Reino Unido
Alma máterCheltenham Ladies' College e Newnham College
Ocupaciónlingüista, catedrática, ensaísta, mitógrafa, classical scholar, antropóloga e sufraxista
editar datos en Wikidata ]

Jane Ellen Harrison, nada o 9 de setembro de 1850 e finada o 5 de abril de 1928 foi unha académica, lingüista e feminista británica. Harrison é unha das fundadoras, con Karl Kerenyi e Walter Burkert, dos estudos modernos en mitoloxía grega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aplicou os descubrimentos arqueolóxicos ás interpretacións da relixión grega de tal forma que se tornaron padrón. Académicos contemporáneos como Mary Beard, biógrafa de Harrison, describiuna como "a primeira profesora de carreira académica da Inglaterra".[1]

Harrison iniciou os estudos formais en Cheltenham Ladies' College, onde conseguiu un diploma. En 1874, continuou estudos clásicos no Newnham College, da Universidade de Cambridge. Conseguiu dous doutoramentos, un na Universidade de Aberdeen en 1885 e outro na Universidade de Durham en 1897. Este recoñecemento garantiulle a oportunidade de retornar ó Newnham College como unha conferencista en 1898.

Primeiros traballos[editar | editar a fonte]

A primeira monografia de Harrison, en 1882, presentou a tese que tanto a Odiseia de Homero e as artes visuais das cerámicas foron inspiradas en fontes fundamentais da mitoloxía, unha opinión que até entón non era común na arqueoloxía, e que o repertorio destas cerámicas podería ofrecer informacións sobre mitos e rituais.

A maneira con que desenvolveu seu gran traballo, Prolegomena to the Study of Greek Religion (1903),[2] foi o de proceder do ritual para o mito que o inspirou.: "Na teoloxía os traxes son máis difícies de ver, a verdade é máis difícl de formular do que o ritual." (p 163). É así que ela comeza o libro analizando os festivais atenienses: Anthesteria, festival de colleita, Thargelia, Kallynteria, Plynteria, e o festival das mulleres, no cal detectaba moitos resquícios do primitivismo, Thesmophoria, Arrophoria, Skirophoria, Stenia e Haloa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Mary Beard "Living with Jane Harrison", Arquivado 27 de maio de 2009 en Wayback Machine. A Don's Life blog, The Times, 22 de maio de 2009.
  2. "Once or twice in a generation a work of scholarship will alter an intellectual landscape so profoundly, that everyone is required to re-examine normally unexamined assumptions," Robert Ackerman begins his Introduction to the Princeton University Press reprint, 1991.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]