Rally Terras Altas de Lorca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rally Terras Altas de Lorca
Fundación2012
RexiónRexión de Murcia
CopaS-CER
Máis laureadoEspaña Xavi Pons (3)
OrganizadorAutomóvil Club de Lorca

O Rally Tierras Altas de Lorca é unha proba de rally organizada polo Automóvil Club de Lorca dende 2012 na localidade de Lorca, na Rexión de Murcia. É puntuable para o Súper Campionato de España de Rallys e anteriormente foino para o Campionato de España de Rallys da Terra [1]

Historia[editar | editar a fonte]

Aínda que xa existiu unha proba en Murcia en 1993, tamén puntuable para o nacional de terra, baixo o nome de Rally de Lorca, o Automóvil Club de Lorca non naceu ata 1996, creado por un grupo de amigos co obxectivo de promover o mundo do motor na comarca de Guadalentín. Dende entón o club organizou probas de carácter rexional, pero no 2012 decidiron crear o Rally Tierras Altas de Lorca, facendo a preinscrición para o Campionato de España de Rallys de Terra, conseguindo entrar no ano 2012, e abrindo o calendario a partir da tempada 2014.[2]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Ano Nome Piloto Copiloto Coche Campionato
2012 1º Rally Terras Altas de Lorca Andorra Albert Llovera España Álex Haro Fiat Abarth Grande Punto S2000
2013 2º Rally Terras Altas de Lorca España Xavi Pons España Xavi Amigo Mitsubishi Lancer Evo X CERT
2014 3º Rally Terras Altas de Lorca España José Antonio Suárez España Pablo Marcos Mitsubishi Lancer Evo IX CERT
2015 4º Rally Terras Altas de Lorca EspañaAlexander Villanueva España Óscar Sánchez Mitsubishi Lancer Evo X CERT
2016 5º Rally Terras Altas de Lorca España Jorge del Cid España Rodrigo Sanjuán Mitsubishi Lancer Evo X CERT
2017 6º Rally Terras Altas de Lorca España José Antonio Suárez Galicia Cándido Carrera Peugeot 208 N5 CERT
2018 7º Rally Terras Altas de Lorca España Xavi Pons España Jordi Mercader Peugeot 208 T16 CERT
2019 8º Rally Terras Altas de Lorca España Xavi Pons España Rodrigo Sanjuán Škoda Fabia R5 CERT, S-CER
2020 9º Rally Terras Altas de Lorca España Nil Solans España Marc Martí Škoda Fabia R5 CERT, S-CER
2021 10º Rally Terras Altas de Lorca Qatar Nasser Al-Attiyah Francia Mathieu Baumel Volkswagen Polo GTI R5 S-CER
2022 11º Rally Terras Altas de Lorca España Efrén Llarena España Sara Fernández Škoda Fabia Rally2 evo S-CER
2023 12º Rally Terras Altas de Lorca Galicia Javier Pardo España Adrián Pérez Hyundai i20 N Rally2 S-CER

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Rally Tierras Altas de Lorca". ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 8 de maio de 2021. 
  2. "Cónocenos". automovilclubdelorca.es (en castelán). Consultado o 8 de maio de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]