James Henry Breasted

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJames Henry Breasted

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento27 de agosto de 1865 Editar o valor em Wikidata
Rockford, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte2 de decembro de 1935 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Nova York (Estados Unidos de América) Editar o valor em Wikidata
Causa da mortePneumonía Editar o valor em Wikidata
Catedrático
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Yale
Universidade Humboldt de Berlín
North Central College (en) Traducir
Chicago Theological Seminary (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Director de teseAdolf Erman Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoExiptoloxía Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Dura Europos (pt) Traducir (1920–1920)
KV62 Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónantropólogo , exiptólogo , profesor universitario , historiador , arqueólogo , farmacéutico Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Chicago Editar o valor em Wikidata
Membro de
ProfesoresAdolf Erman Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
FillosHenry Breasted, Jr. (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Breasted-3

James Henry Breasted, nado o 27 de agosto de 1865 en Rockford, Illinois e finado o 2 de decembro de 1935 en Nova York, foi un arqueólogo, exiptólogo e historiador americano.

Foi o primeiro cidadán americano que obtivo a gradación en Exiptoloxía. Breasted estaba á fronte dunha xeración do arqueólogo-historiadores que ampliaron a idea da civilización occidental ao incluír todo o Próximo Oriente nas raíces culturais de Europa. Breasted acuñou o termo "Crecente fértil" para describir a área dende o Exipto até a Mesopotamia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Educouse no North Central College (naquel entón, North-Western College) (1888), no seminario teolóxico de Chicago, na Universidade Yale (1891) e na universidade de Berlín (1894). Foi instrutor na universidade de Chicago en 1894 e profesor de Exiptología e Historia Oriental en 1905 (a primeira cátedra nos Estados Unidos). En 1901, designárono director do Museo Oriental de Haskell, precursor do Instituto Oriental, que se creou na universidade de Chicago en 1896. Aínda que o Museo Oriental de Haskell contiña obras de arte de Próximo Oriente e do Extremo Oriente, o seu principal interese estaba no Exipto; comezou a traballar nunha compilación de todas as inscricións xeroglíficas existentes, que foi publicada en 1906 como "Antigos documentos do Exipto", e segue sendo unha importante colección de textos traducidos; como Peter A. Piccione escribiu no prefacio na súa reimpresión de 2001, "aínda contén certos textos e inscricións que non se retraduciron dende entón."

En 1919, obtivo o financiamento de John D. Rockefeller para o Instituto Oriental de Chicago, baixo cuxos auspicios Breasted dirixiu a primeira expedición arqueolóxica a Exipto da universidade. En 1923 elixírono membro da National Academy of Sciences. Morreu en 1935, de pulmonía, mentres volvía dunha viaxe a Exipto. Foi soterrado no cemiterio de Greenwood, Rockford, Illinois. A súa tumba está presidida por un grande obelisco de mármore, que foi un agasallo do goberno exipcio.

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • (1905) A History of Egypt from the Earliest Times to the Persian Conquest. Nova York: Charles Scribner's Sons.
  • (1906–1907) Ancient Records of Egypt: Historical Documents from the Earliest Times to the Persian Conquest, collected, edited, and translated, with Commentary. Chicago: University of Chicago Press.
  • (1912) Development of Religion and Thought in Ancient Egypt: Lectures delivered on the Morse Foundation at Union Theological Seminary. Nova York: Charles Scribner's Sons.
  • (1924) Oriental Forerunners of Byzantine Painting (University of Chicago Oriental Institute Publications; 1). Chicago: University of Chicago Press.
  • (1926) The Conquest of Civilization. Nova York; Londres: Harper and Brothers.
  • (1933) The Dawn of Conscience. Nova York: Charles Scribner's Sons.
  • (1948) Egyptian Servant Statues (Bollingen Series; XIII). Washington, D.C.: Pantheon Books.
  • (1975) The 1905–1907 Breasted Expeditions to Egypt and the Sudan: A Photographic Study. Chicago: University of Chicago Press.