Jamala
Jamala | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Susana Jamaladynova |
Nacemento | ![]() 27 de agosto de 1983 (38 anos) |
Orixe | Crimea |
Ocupación | Cantante |
Tempo en activo | 2005 - actualidade |
Na rede | |
http://jamalamusic.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Susana Jamaladynova (en ucraíno: Сусана Джамаладинова; en tártaro de Crimea: Susana Camaladinova), mellor coñecida como Jamala, é unha cantante kirguiz-ucraína.
Biografía[editar | editar a fonte]
Vida e estudos[editar | editar a fonte]
Ao igual que meirande parte da poboación tártaro-crimea, Jamala naceu en Kirguizistán, onde os seus familiares foron recolocados. Trala independencia da Ucraína regresou xunto coa súa familia a Crimea.
O interese de Jamala pola música vén da súa infancia. Aos 9 anos fixo o seu primeiro traballo musical como afeccionada e aos 12 comezou a cantar cancións folclóricas da súa rexión. Estudou piano na escola musical de Alushta. Tras graduarse, ingresou no Conservatorio Musical Tchaikovsky de Simferopol e de aí á Academia Nacional de Kíiv onde aprendeu a cantar ópera.
Eurovisión[editar | editar a fonte]
En 2011 o seu tema "Smile" foi escollido para representar á Ucraína no Festival de Eurovisión 2011. Porén, un problema cos votos provocou certa controversia. Aínda que Jamala podía participar no festival, retirouse da competición.
O 21 de febreiro de 2016 foi escollida novamente para representar á Ucraína[1] e o 14 de maio de 2016 gañou o Festival de Eurovisión 2016 en Estocolmo, Suecia, coa canción "1944".[2]
Discografía[editar | editar a fonte]
Álbums[editar | editar a fonte]
- For Every Heart (2011)
- Live At Arena Concert Plaza (DVD en vivo, 2012)
- All or Nothing (2013)
- Thank You (2014)
- Подих (2015)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Vitória de Jamala é notícia nos jornais portugueses.". Consultado o 16 de marzo de 2016.
- ↑ "Ukraine wins Eurovision 2016" (en inglés). Consultado o 15 de maio de 2016.