Saltar ao contido

Jalmari Finne

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJalmari Finne

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fi) Adolf Jalmari Finne Editar o valor en Wikidata
11 de agosto de 1874 Editar o valor en Wikidata
Kangasala, Finlandia Editar o valor en Wikidata
Morte3 de xaneiro de 1938 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Helsinqui, Finlandia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, director de teatro, tradutor, historiador Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
IrmánsHilkka Finne
Olga Poppius Editar o valor en Wikidata
ParentesGunnar Finne, curmán segundo Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0278189 Musicbrainz: f988ef6b-1d7d-4555-810e-0e58e8264edb IMSLP: Category:Finne,_Jalmari WikiTree: Finne-52 Editar o valor en Wikidata

Adolf Jalmari Finne, nado o 11 de agosto de 1874 en Kangasala e finado o 3 de xaneiro de 1938 en Helsinqui, foi un escritor, director e director de teatro finlandés.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Jalmari era fillo do libreiro Johan Adolf Gustaf Finne (1847–1926) e de Vilhelmina Westerling (1846–1926) e tiña como irmás á actriz Olga Poppius e á artista Hilkka Finne; viviu os seus primeiros anos na súa cidade natal, onde a súa familia tiña un comercio. En 1885 aveciñáronse en Helsinqui, onde seu pai abriu unha librería, e alí estudou no Liceo Normal Finlandés onde se graduou en 1894 e en outono dese ano comezou a estudar filoloxía na Universidade de Helsinqui e asemade traducía pezas teatrais ao finés[1]. A súa irmá máis vella, Olga, traballaba no Teatro Finés e por medio dela coñeceu ao seu director Kaarlo Bergbom e en marzo de 1895 a compañía puxo en escena unha peza curta súa. Logo Bergbom contratouno para traducir varias pezas e mesmo fixo unha viaxe de estudo para coñecer o teatro que se estaba a representar fóra do seu país. Á volta en 1896 asumiu o posto de director asistente, mesmo actuou como director de facto durante unha grave enfermidade de Bergbom en 1903-1904 e posteriormente pasou a dirixir o Teatro Rural Finlandés de Viborg entre os anos 1904 e 1907 e de novo de 1913 a 1914.

Cuberta do libro Kiljusen Herrasväki (1914)

Escritor prolífico. En 1907 marchou a Helsinqui e estableceuse como escritor por conta propia. En 1909 publicou na revista infantil Pääskynen unha historia, de carácter satírico, sobre a familia Kiljunen á que lle deu continuidade na mesma revista e que recolleu no libro Kiljusen herrasväki en 1914 e ata 1925 publicou sete libros máis na serie, moi popular entre a cativada finesa[2], da que se fixeron varias películas dende 1921, así como pezas teatrais.

Moitas das súas pezas teatrais como Pitkäjärveläiset (1923), Tampere (1929), Suutarin tyttäret (1931) ou Maria Kristiina (1932) baseábanse en feitos documentados en Tampere e a súa veciñanza. Outras pezas salientables son Nukkekaupassa : tanssinäytelmä (1895), Lumikki (1901), Palkankoroitus (1910), Pikku kreivitär (1918) ou Rakas univormu (1932)

A primeira novela importante publicouna en 1909 Ylioppilaita que versaba sobre os estudantes de Turku no século XVIII e que se traduciu ao sueco en 1910 como Studenter. Sobre a vida estudantil de Hensinqui escribiu a novela Kultainen nuoruus. Outras das súas novelas trataban temas da historia finesa: Nuijasota, Sysmäläinen, Lapsikuningas ja hänen soturinsa, Vuosisatain vaatimus, Pyhä Birgitta ou Historiallisia rakkauskirjeitä. Tamén escribiu novelas humorísticas como Hämäläisiä. Outras foron de suspense ou acción como Verinen lyhty, Kohtalon käsi, Terve mies ou Saapasvarsi.

Traduciu múltiples obras teatrais do sueco, noruegués, danés, alemán, francés e inglés ao finés, pero novelas de Maurice Maeterlinck, Maurice Leblanc ou Alexandre Dumas e mesmo o libreto de Wagner para a ópera Die Walküre.

Representación da peza de Finne Sysmäläinen ca. 1920

Colaboración con compositores

[editar | editar a fonte]

Colaborou co compositor Armas Järnefelt na peza Miranda, que viu a súa estrea en 1895, para a que escribiu texto coral[3]. En 1899, canda Eino Leino, escribiu os textos da peza de Jean Sibelius Música para as celebracións da prensa para recadar cartos para o Fondo de pensións da prensa, aínda que a causa real era apoiar a prensa finesa, que viña sufrindo censura tras o Manifesto de febreiro do tsar Nicolao II[4]. Dende o desmantelamento da Ópera Finesa en 1879 non existía compañía de ópera en Finlandia, e tan só se representaba grazas a visitas de compañías foráneas ou iniciativas como a que tivo lugar o 7 de marzo de 1905 en Viborg da man de Jalmari, coa estrea da versión en lingua finesa da primeira ópera finesa, con texto orixinal en sueco, Kung Karls jakt de Fredrik Pacius[5]. Escribiu o libreto da ópera de Erkki Melartin Aino, baseada no Kalevala, composta entre 1907 e 1908 e tras cinco anos de colaboración para darlle ao libreto a súa versión definitiva tivo a súa estrea en 1912[6].

Investigación

[editar | editar a fonte]
Placa a Jalmari Finne en Helsinki

No campo histórico, en particular no xenealóxico, a súa grande obra foi a Suomen asutuksen yleisluettelo (Rexistro xeral de residencia), un rexistro de datos dos asentamentos en Finlandia con recolla de datos dende 1539 ata 1809 de fontes dispoñibles, en especial os libros contables da Coroa, nos Arquivos Estatais ou arquivos eclesiásticos de todas as parroquias do país seguindo requisitos científicos na súa catalogación sistemática. Finne comezou a compilar a listaxe das familias das granxas e aldeas na súa rexión natal de Kangasala e máis da provincia histórica de Tavastia entre 1906 e 1908 e a partir de 1913 continuou noutras rexións para acabar estendendo o seu traballo ao resto de Finlandia. A súa intención era publicar as listas que ía recollendo, pero por razóns prácticas tan só quedaron dispoñibles nos Arquivos Estatais e logo en microflime[7]. A partir de 1919 contratou un axudante para realizar a tarefa, e nos anos seguintes chegou a ter ata oito axudantes. A partir de 1929 recibiu axudas gobernamentais e traballou so supervisión dos Arquivos Estatais. Durante a vida de Finne, en 1934, completáronse os rexistros de Tavastia e Satakunta, tras a súa morte o traballo continou seguindo as directrices marcadas por Finne ata que en 1976 se suspenderon os traballos, sen chegar a concluírse. Toda esa información constitúe unha valiosa información xenalóxica, que a diferenza doutras investigacións non se centrou nas familias nobres, senón que deu lugar á Jalmari Finnen Kokoelmat, que permite identificar as liñaxes das familias campesiñas, xa que seguindo os rexistros cada persoa podía ser perfectamente determinada por ter un nome, vivir nun lugar concreto e durante un período de tempo determinado

Morte e legado

[editar | editar a fonte]

Morreu en xaneiro de 1938 aos 63 anos no Hospital Salus de Helsinqui tras unha longa e grave enfermidade e soterrrouse no Cemiterio de Kangasala. Á súa morte deixou un manuscrito inconcluso, a xeito de autobiografía, que se publicou póstumo en 1939 tras completalo Yrjö Kivimies, so o título Ihmeellinen seikkailu. Ihmisiä, elämyksiä, mietteitä. En 1940 estableceuse a Fundación Jalmari Finne, seguindo os seus desexos testamentarios, para continuar o labor de Finne en especial no campo da investigación histórica e dende 1965 concede bolsas de estudo[8]. En honra de Jalmari Finne etre 1975 e 2014 a Biblioteca Municipal de Tempero concedeu o Premio Pirkanmaan-Plättä a unha obra de litertura infantil, o vencedor concedíase por votación entre os lectores novos. A primeira gañadora foi Anni Polva por Tiinakin ratsastaa e na derradeira edición concedeuse de xeito excepcional a unha bibliotecaria polo seu labor. A súa serie infantil Kiljusen herrasväki permaneceu popular popular no país, con varias adaptacións teatrais a partir de 1923 e catro filmes realizados entre 1921 e 2022.

  • Gabriel Tuderus : historiallinen näytelmä, 1904
  • Piispa Tuomas : historiallinen näytelmä, 1904
  • Me, 1908
  • Kun ollaan neroja, 1908
  • Aino : musiikkidraama ; compositor Erkki Melartin, 1909
  • Eduskuntalaisten koulu : 1-näytöksinen pila, 1910
  • Elinan surma : ópera, compositor Oskar Merikanto, 1910 (baseado na peza de igual nome de 1891 con libreto de Gustaf von Numers)
  • Palkankoroitus : 1-näytöksinen pila, 1910
  • Helena : 1-näytöksinen musiikkidraama ; compositor Aarre Merikanto, 1912
  • Admirabilis, 1917
  • Kauppaparooni : huvinäytelmä, 1917
  • Isänmaan tähden, 1921
  • Kiljuset : kolminäytöksinen lasten huvinäytelmä, 1923
  • Pitkäjärveläiset : nelinäytöksinen huvinäytelmä, 1923
  • Nuorten tuomio, 1926
  • Rakas univormu, 1932
  • Ylioppilaita : kuvaus pohjalaisista ylioppilaista Turun yliopistossa, 1909
  • Hämäläisiä : kirja yksinkertaisista ihmisistä, 1910
  • Sysmäläinen : humoristinen historiallinen romaani, 1910
  • Akseli Terä : romaani liike-elämästä, 1912 (co pseudónimo Eino Talma)
  • Lapsikuningas ja hänen soturinsa : historiallinen seikkailuromaani, 1912
  • Nuijasota I–II, 1913–1945
  • Rakkaudentarina : historiallinen romaani, 1913
  • Terve mies, 1915
  • Äidit. Romaani kansannaisista, 1915
  • Vuosisatain vaatimus : historiallinen romaani, 1918
  • Valkoinen torakka -serie
    • Valkoinen torakka, 1927
    • Tuhatmarkkanen, 1927
    • Prinsessa, 1932
  • Verinen lyhty : rikosromaani, 1928
  • Kohtalon käsi : rikosromaani, 1929
  • Ikuinen kysymys, 1930
  • Sammuva valo : romaani kielitaistelusta, 1931
  • Saapasvarsi, 1932, 2ª ed. en 1946 como Vesisuonia

Serie Kiljusen herrasväki

[editar | editar a fonte]
  • Kiljusen herrasväki, 1914
  • Kiljusen herrasväen uudet seikkailut, 1916
  • Kiljusen herrasväki satumaassa, 1916
  • Kiljusen Plättä, 1917
  • Kiljusen herrasväki partiolaisina, 1918
  • Luru Kiljunen ja hänen Hömppänsä, 1919
  • Kiljusten vallankumous, 1921
  • Kiljuset palaavat, 1925

Outras obras

[editar | editar a fonte]
  • Me. 1908
  • Lapset : kuvauksia lapsille lapsista 1, Sankariajan lapsia, 1909
  • Satujen maailma : Suomen kansan sadut. 1-2 kokoelma ; ilustracións de Esther Hjelt-Cajanus e Hilkka Rantaniemi, 1909-1910
  • Satukontti ; ilustracións de Venny Soldan-Brofeldt e Ebba Masalin, 1910
  • Olematonta taidetta ; debuxos de P. Å. Laurén. 1910
  • Vanhapoika lasten parissa, 1912
  • Nuijasota : historiallinen kuvaus vuosien 1596 ja 1597 kapinan alkuvaiheista, 1913
  • Kapinallisuutta : nuorten ajatuksia vanhoista. 1914
  • Länsisuomalaisten sotilasvirkatalojen rakennuksista 1600-luvulla, 1917
  • Janne Ankkanen sotajalalla ; debuxos de Ola Fogelberg, 1918
  • Lääkärin päiväkirja : novelleja, 1921
  • Kaarlo Bergbom : henkilökuvaus. 1922
  • Rautahelainen lipas : historiallinen kertomus, 1925
  • Oma sukuni. 1935
  • Ihmeellinen seikkailu : ihmisiä, elämyksiä, mietteitä. 1939
  • Sukupolvien ketju : tutkisteluja kansastamme. 1943
  • Valitut teokset ; limiar de Klaus Wuorenjuuri, 1957

Traducións

[editar | editar a fonte]
  • Edouard Pailleron : Kipinä : yksinäytöksinen komedia. Yrjö Weilin, Helsinki 1904
  • Leopold Adler : Kolme sanaa vaan : 1-näytöksinen huvinäytelmä. Weilin & Göös, Helsinki 1904
  • Wolfgang Gyalu : Kuherrusajan kuluttua : 1-näytöksinen huvinäytelmä. Yrjö Weilin, Helsinki 1904
  • Paul Perron : Minä ja anoppini : yksinäytöksinen huvinäytelmä. Yrjö Weilin, Helsinki 1904
  • Ludwig Fulda : Neiti leski : yksi näytöksinen huvinäytelmä. Yrjö Weilin, Helsinki 1904
  • Georg Richard Kruse : Sydämettömät : 1-näytöksinen huvinäytelmä. Yrjö Weilin, Helsinki 1904
  • Demetrius Schrutz : Sähkörakkautta : yksi näytöksinen huvinäytelmä. Yrjö Weilin, Helsinki 1904
  • Tyhmä-Jussi : 1-näytöksinen ilveily ; adaptación do francés. Yrjö Weilin & Kumpp., Helsinki 1904
  • Théodore Barrière : Taistelu ja voitto : huvinäytelmä yhdessä näytöksessä. Yrjö Weilin & Kumpp., Helsinki 1905
  • H. G. Wells : Kun nukkuja herää : romaani. Otava 1907
  • Maurice Leblanc : Arsène Lupin : hienonmaailman varastaiteilija ; prólogo de Jules Claretie ; ranskan kielestä suomensi Jalmari Finne. Karisto 1908, 3ª ed. revisada 1967 como Arsène Lupin, herrasmiesvaras (obra orixinal Arsène Lupin : gentleman cambrioleur)
  • Maurice Leblanc : Arsène Lupin taistelussa Sherlock Holmesta vastaan 2. Karisto 1908
  • Edmund Gosse : Henrik Ibsen. WSOY 1909
  • Tristan Bernard : English spoken : 1-näytöksinen ilveily. Lilius & Hertsberg, Helsinki 1910
  • Historiallisia rakkauskirjeitä ; koonnut ja suomentanut Jalmari Finne. Otava 1911
  • Alexandre Dumas : Mont-Criston kreivi. Otava 1911-1912 (alkuteos Le comte de Monte-Cristo)
  • Alexandre Dumas pai : Historialliset romaanit 6, Bastiljin valloitus : romaani Ranskan vallankumouksesta. Karisto 1918
  • Alexandre Dumas pai : Historialliset romaanit 7, Romaani Ranskan vallankumouksesta : Ange Pitou. Karisto 1918
  • Laulujen sanoja operettiin "Nuoruuden kevät" : mukaelma ; compositor Walter Kollo e Willy Bredschneider. Kaarlo Saarnio, Helsinki 1919 (obra orixinal Wie einst im Mai)
  • Maurice Magre : Kultainen vasikka. Suomentaja, Helsinki 1920 (obra orixinal Le veau d'or)
  • Florence L. Barclay : Tyhjänä palautettu. Kustannusliike Minerva, Oulu 1920
  • Richard Wagner : Valkyyria. Suomalainen ooppera, Helsinki 1920
  • Richard Wagner : Nyrnbergin mestarilaulajat : 3-näytöksinen ooppera ; suom. Jalmari Finne. Suomalainen ooppera, Helsinki 1921
  • Iloinen leski : 3-näytöksinen operetti ; lírica das cancións de Victor Léon e Leo Stein ; suom. Jalmari Finne ; compositor Frans Lehár ; arranxo orquestral Kyösti Teljo. Kotkan työväen teatteri, Kotka 1922
  • Leo Stein e Bela Jenbach : Hollantilaistyttö : laulujen sanat ; suom. Jalmari Finne ; compositor Emmerich Kálmán. Kotkan työväen teatteri, Kotka 1923
  • Leo Stein e Bela Jenbach : Mustalaisruhtinatar : 3-näytöksinen operetti ; suom. Jalmari Finne ; compositor Emmerich Kàlmàn. Joensuun teatteri, Joensuu 1925
  • Maurice Leblanc : Arsène Lupin ja Sherlock Holmes ; Vaaleatukkainen nainen , 3ª ed. revisada Karisto 1968 (obra orixinal Arsène Lupin contre Sherlock Holmes)
  1. Viljo Rasila
 (2008). "FINNE, Jalmari
". Biografiskt lexikon för Finland. 
  2. "Kiljusen herrasväki". Lastenkirjainstituutti. 
  3. "Lahden Nuorisoteatterin ja Lasten Talvikarnevaalien tiedotustilaisuus keskiviikkona 16.1. kello 14.00". ePressi. 16 de xaneiro de 2019. 
  4. Tawaststjerna, Erik (1965). Sibelius: 1865-1905. 
  5. Toivo Haapanen (1948). Musiikin tietokirja. p. 215. 
  6. Henry Bacon (1995). Oopperan historia. Otava. p. 592. 
  7. "Suomen asutuksen yleisluettelo". Arkistojen Portti. 
  8. "Tehtävä". Jalmari Finnen Säätiön.