María Patiño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
María Patiño
Patiño.jpg
Nome completoMaría Patiño Castro
Nacemento16 de agosto de 1971
 Ferrol
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista, escritora, actriz de cinema e presentadora de televisión
editar datos en Wikidata ]

María Patiño Castro,[1] nada en Ferrol en 1971, é unha xornalista galega. Unha das máis coñecidas representantes do chamado xénero xornalísitico prensa do corazón, e faciana habitual en numerosos espazos de televisión do que nalgúns casos é calificado coma tele-lixo.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en xornalismo, comezou a súa actividade na delegación de Sevilla da Axencia de noticias Europa Press. Posteriormente, traballaría en Canal Sur Radio, Onda Giralda, e a axencia oficial de Diez Minutos en Andalucía.

Os seus primeiros contactos coa televisión, medio de comunicación a través do que alcanzou certa sona en España, comezaron no programa magazine Sabor a verano (1999), de Antena 3, presentado por Inés Ballester.

Tralo seu paso polo late-night Abierto al anochecer (2002) de Jordi González, recala no que foi un dos programas máis seguidos por determinado sector da audiencia durante anos en televisión, Sabor a ti (2003-2004), xunto a Ana Rosa Quintana.

Con todo, a súa sona débea ao talk show de actualidade social ¿Dónde estás corazón?, conducido por Jaime Cantizano en Antena 3 entre 2003 e 2011.

Na tempada 2007-2008 presentou o magazine A 3 bandas, en Antena 3, que foi retirado por baixa audiencia.

A partir do 13 de xullo de 2009 presentou xunto a Jesús Mariñas e Julian Iantzi o programa Vaya par dirixido por Gema López, aínda que tamén foi retirado por baixa audiencia o 11 de setembro do mesmo ano.

O 15 de outubro de 2011, unha vez retirado da grella o seu programa DEC, María Patiño realizou unha entrevista en La Noria, de Telecinco falando xunto a Bárbara Rey coa que tivo unha gran disputa en 2007 e desde o día 5 de novembro de 2011 comeza a traballar como colaboradora habitual de La Noria. Meses máis tarde, concretamente o 17 de xaneiro de 2012, incorporouse como colaboradora habitual en El programa de Ana Rosa, ademais de colaborar en Sálvame Deluxe os venres noite.

O seu estilo polémico e apaixonado de exercer o xornalismo garántelle unha audiencia fiel aos programas nos que participa.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]