Saltar ao contido

Jableh

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaJableh
جبلة (ar) Editar o valor en Wikidata
Fotomontaxe
Imaxe

Localización
Mapa
 35°21′35″N 35°55′17″L / 35.3597, 35.9214
PaísSiria
GobernaciónGobernación de Latakia
District of Syria (en) TraducirJableh District (en) Traducir
Subdistrict of Syria (en) TraducirJablah Subdistrict (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación75.505 (2012) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Altitude16 m Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Prefixo telefónico23 Editar o valor en Wikidata

Facebook: jablehnewss Twitter: jableh_1 Editar o valor en Wikidata

Jableh (árabe: جبلة: جبلة‎ Ǧabla), tamén soletreado Jebleh, Jabala, Jablah ou Gabala, é unha cidade costeira do mediterráneo en Siria, 25 km ao norte de Baniyas e 25 km ao sur de Latakia, con arredor de 80000 habitantes (2008).[1] A cidade alberga a tumba e a mesquita do sultán Ibrahim Bin Adham, un famoso místico sufí que renunciou ao seu trono e dedicouse á oración polo resto da súa vida.[2]

O teatro romano de Jableh

Jableh estivo habitado desde polo menos o segundo milenio a. C.[3] A cidade foi parte do reino ugarita e foi mencionada como "Gbʿly" nos arquivos da cidade arredor de 1200 a. C.[4] Na Antigüidade Jableh foi unha cidade romana importante. Un dos restos principais deste período é un teatro, capaz de aloxar arrdor de 7000 espectadores. Restos aínda máis antigos atopáronse preto da beiramar, datados na Idade de Ferro ou a Era fenicia.

No período medieval, Jableh foi parte do Principado de Antioquía, un dos Estados Cruzados, até que foi capturada por Saladino en 1189 durante a Terceira Cruzada. Un residente famoso foi Hugo de Xabala, o bispo da cidade, quen informou da caída de Edesa ao papa Uxío III, e foi a primeira persoa a falar do Preste Xoán.

A menos dun quilómetro do centro de cidade xace o sitio antigo de Gibala, hoxe coñecido como Tell Tweini. Esta cidade foi habitada desde o terceiro milenio a. C. até o período persa.

Economía

[editar | editar a fonte]

A maioría da poboación Jableh depende da agricultura para subsistir, cultivan laranxas e limóns, olivas. No medio rural atópase un gran número de invernadoiros para o cultivo de hortalizas. No centro da cidade os habitantes traballan no comercio e hai pequenas fábricas de algodón e de zume de laranxa.

Residentes famosos

[editar | editar a fonte]
  • O pioneiro sirio da poesía árabe moderna Adunis, quen foi un dos primeiros poetas árabes.
  • O campión mundial de natación Firas Mouala, quen nadou desde Latakia a Chipre (case 90 km de distancia).
  • Izz ad-Din al-Qassam, unha figura islámica famosa que loitou contra a colonización francesa en Siria, e despois mudouse a Palestina onde liderou unha rebelión armada contra as autoridades británicas e os colonos sionistas.

References

[editar | editar a fonte]
  1. "Gabala". Catholic Encyclopedia. 
  2. Google Books Travels In Asia And Africa, 1325-54 By Battuta Ibn, Ibn Batuta Translated by Sir Hamilton Gibb (1996) ISBN 81-206-0809-7 p. 62
  3. Esber, Hawazan. "Small historical coastal cities: Urban development and freshwater resources". NESCO. Consultado o 11 August 2015. 
  4. William A. Ward, Martha Joukowsky (1992). The Crisis years: the 12th century B.C. : from beyond the Danube to the Tigris. p. 113.