Hugo de Xabala

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaHugo de Xabala
Biografía
Nacementoséculo XII Editar o valor em Wikidata
Morteséculo XII Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote Editar o valor em Wikidata

Hugo de Xabala (ou Hugo de Jableh) foi a mediados do século XII un bispo de Xabala (hoxe Jableh) no Principado de Antioquía.

Despois de que Zengi en 1144 conquistara o Condado de Edesa, o príncipe Raimundo de Antioquía enviou Hugo a pedir axuda ao papa Uxío III na súa residencia de Viterbo.[1][2] Hugo chegou a Italia en novembro de 1145. Despois diso, Uxío emitiu, o 1 de decembro de 1145, a bula papal Quantum praedecesores, na que chamou a Segunda Cruzada, a cal se uniu o rei de Francia. Hugo tamén dixo aos cronistas e ao bispo Otón de Frisinga que se esperaba que o Preste Xoán, un mítico rei sacerdote de fe cristiá nestoriana, gobernante dun reino alén de Persia, apoiaría os Estados Cruzados na loita contra os sarracenos.[1][2][3] Otón contou esta historia na súa Chronica sive Historia de duabus civitatibus. A crónica é a primeira mención documentada da lenda do Preste Xoán.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Wollschläger, S. 60
  2. 2,0 2,1 2,2 Silverberg, S. 3–7
  3. Paul Halsall: Otto of Freising. Arquivado 13 de setembro de 2007 en Wayback Machine.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Robert Silverberg: The Realm of Prester John. Ohio University Press, 1996. ISBN 1-84212-409-9
  • Hans Wollschläger: Die bewaffneten Wallfahrten gen Jerusalem. Wallstein 2003. ISBN 3-89244-659-8, S. 60