Ján Černaj

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJán Černaj
Biografía
Nacemento1948 Editar o valor em Wikidata
Eslovaquia Editar o valor em Wikidata
Morte30 de abril de 2011 Editar o valor em Wikidata (62/63 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEslovaquia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescultor Editar o valor em Wikidata

Ján Černaj, nado en 1948 e finado o 30 de abril de 2011, foi un medallista e deseñador de moeda eslovaco.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ján Černaj cursou estudos profesionais artísticos na Escola de Artes Aplicadas SUPŠ, de Kremnica.[1]

Logo da súa formación, a súa carreira de corenta anos como gravador, entre 1970 e 2010, transcorreu vinculado á Casa da Moeda de Kremnica, inicialmente como artista independente e a partir de 1992 á fronte do equipo de gravadores.[2][1]

Obra[editar | editar a fonte]

O máis salientable das creacións de Ján Černaj está na medallística. Algunhas das súas medallas están dedicadas a castelos como o de Ľubovňa, Strečno (1997) ou Kežmarok (2004); a igrexas eslovacas, cunha serie de once medallas todas elas de 2009; e a conmemoracións diversas, como os 650 anos dos dereitos mineiros de Kremnica (1978), o 55 aniversario do mando militar rexional de Brno (2006) ou o Mundial de Fútbol de Suráfrica (2010).[2][1]

Ján Černaj iniciouse na creación de moedas como autor dunha moeda conmemorativa de 10.000 coroas eslovacas datada en 2004 conmemorativa do ingreso de Eslovaquia na Unión Europea. Coa integración do seu país na Eurozona, encomendóuselle tamén, xunto con Pavel Károly, o anverso nacional das moedas circulantes divisionarias de 10, de 20 e de 50 céntimos de euro, para as que dispuxo un deseño do Castelo de Bratislava.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Zomrel kremnický medailér a minciar Ján Černaj". En DNES 24 (ziar.dnes24.sk). 3 de maio de 2011.
  2. 2,0 2,1 "Ján Černaj". Mince na území Slovenska.
  3. Moedas deseñadas por Ján Černaj. Numista.com

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]