Saltar ao contido

Pavel Károly

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPavel Károly
Biografía
Nacemento24 de maio de 1951 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
Šumiac, Eslovaquia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióngravador, medallista, escultor Editar o valor en Wikidata

Pavel Károly, nado en Šumiac, distrito de Brezno, o 24 de maio de 1951, é un medallista e deseñador de moeda eslovaco.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Pavel Károly cursou estudos profesionais artísticos na Escola de Artes Aplicadas SUPŠ, de Kremnica, na especialidade de gravado de metal,[2] entre os anos 1966 e 1970.[3]

Logo de cumprir o seu servizo militar reingresou nesta mesma escola para impartir docencia, e a esta tarefa se mantivo vinculado durante os 40 anos da súa carreira profesional, entre 1970 e 2010.[2][3]

Károly participou en diversas exposicións de medallas de carácter nacional e internacional, en lugares como Kremnica, Moscova, Bratislava, Praga ou Budapest.[3]

Pavel Károly é membro da Asociación de Medallistas de Eslovaquia.[2][3]

A obra de Pavel Károly abrangue o deseño e o gravado de medallas, placas, insignias se selos para diversas entidades, como municipios e universidades, así como dalgunhas moedas producidas pola Casa da Moeda de Kremnica, a ceca pública eslovaca.[3]

Nas súas creacións, tanto mediante cuñaxe como por fusón, fresado ou gravado á man, utiliza a modo de sinatura as súas inciais PK entrelazadas e estilizadas.[2][3]

Ademais, Pavel Károly é autor de senllas moedas conmemorativas de 200 coroas eslovacas datadas en 2002 e 2005, e, coa chegada entrada do seu país na Eurozona, encomendóuselle tamén, xunto con Ján Černaj, o anverso nacional das moedas circulantes divisionarias de 10, de 20 e de 50 céntimos de euro, para as que dispuxo un deseño do Castelo de Bratislava.[2][4]

E a maiores desta serie ordinaria encargouse tamén do deseño dos anversos de varias moedas conmemorativas de dous euros de Eslovaquia, así como outras de diferentes valores faciais destinadas exclusivamente ao coleccionismo numismático e ao investimento.[4]

  1. "Pavel Károly". ABART.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Medailér Pavel Károly (63): Chcel som byť kováčom, z rytectva ma ale nepustili". En DNES 24 (https://ziar.dnes24.sk). 6 de outubro de 2014.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 "Pavel Károly". Mince na území Slovenska.
  4. 4,0 4,1 Moedas deseñadas por Pavol Károly / Pavel Károly. Numista.com

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]