Ivan Perišić

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ivan Perišić
Ivan Perišić (cropped).jpg
Información persoal
Nome Ivan Perišić
Nacido 2 de febreiro de 1989 (31 anos)
Lugar Split
Altura 1,87 m.
Posición Extremo
Información de club
Club actual Bayern München
Número 14
Carreira xuvenil
2000–2006 Hajduk Split
2006–2007 Sochaux
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2007–2009 Sochaux B 36 (8)
2009Roeselare (cedido) 18 (5)
2009–2011 Club Brugge 70 (31)
2011–2013 Borussia Dortmund 42 (9)
2013–2015 Wolfsburg 70 (18)
2015– Inter de Milán 141 (37)
2019–Bayern München (cedido) 12 (3)
Selección nacional
2005 Croacia sub-17 7 (0)
2007 Croacia sub-19 2 (0)
2009–2010 Croacia sub-21 8 (3)
2011– Croacia 88 (26)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: Actualizado a 21 de decembro de 2019.
Selección: Actualizado a 19 de novembro de 2019.

Ivan Perišić, nado en Split o 2 de febreiro de 1989, é un futbolista profesional croata que xoga de extremo e o seu club actual é o FC Bayern München da Bundesliga, onde xoga cedido polo Inter de Milán. Ademais, é internacional na selección de Croacia.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Con tan só 17 anos, Perišić, que xogaba nas categorías inferiores do Hajduk Split, recibiu o interese dun grande número de clubs, coma Anderlecht, PSV, Ajax, Trabzonspor, Hertha BSC e Hamburgo, antes de fichar polo FC Sochaux. En 2009, foi cedido a metade de tempada ó KSV Roeselare da liga belga.

O 26 de agosto de 2009, o Club Brugge fichou por tres anos a Perišić por 250.000€.

O 23 de maio de 2011, Perišić asinou un contrato de cinco anos co Borussia Dortmund da Bundesliga. O Borussia pagou cinco millóns de euros a cambio da súa fichaxe.[1]

O 6 de xaneiro de 2013, o VfL Wolfsburg pagou 8 millóns de euros pola fichaxe de Perišić.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Club[editar | editar a fonte]

Borussia Dortmund
2011–12
2011–12

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]