Saltar ao contido

Istiofóridos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os istiofóridos (Istiophoridae) son unha familia de peixes perciformes coñecidos vulgarmente como marlíns e peixes vela. Nas especies desta familia os ósos nasais da mandíbula superior prolónganse formando unha "lanza" ou "arpón" longo e de sección redonda. A aleta dorsal, alongada e ríxida, proxéctase cara arriba en forma de crista ou penacho.[1] Son depredadores activos e voraces que utilizan o "pico" estendido para atacar e marear as súas presas, xeralmente peixes e cefalópodos.[2] Son peixes óseos grandes e comestibles, aínda que non moi valorados gastronomicamente, e que poden acadar un peso máximo duns 630 quilogramos. As especies desta familia son moi apreciadas na pesca deportiva, non só debido ao seu tamaño e velocidade de nado, senón tamén por ser duros loitadores que combinan rápidos nados subacuáticos con vistosos saltos para conseguir soltarse da liña de pesca.[3][4] Están relativamente emparentados co peixe espada e viven na maior parte dos mares cálidos e temperados.[5] O marlín negro, Istiompax indica, é unha especie común no Pacífico. O marlín branco, Tetrapturus albidus, peixe popular na pesca deportiva no Atlántico, xunto co marlín do Mediterráneo, Tetrapturus belone, son as especies presentes no Mediterráneo. Os peixes vela, Istiophorus albicans e Istiophorus platypterus, diferéncianse pola súa aleta dorsal de maior tamaño. As especies do xénero Kajikia e o marlín azul, Makaira nigricans, están consideradas especies vulnerables de extinción debido á sobrepesca.[6]

Clasificación[editar | editar a fonte]

Xéneros e especies da familia Istiophoridae[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Helen O’Neill; Enjah Rahmat; Craig Proctor; William White (2018). CSIRO, National Research Collections, ed. "Istiophoridae" (en inglés). Australia. Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2019. Consultado o 15 de agosto de 2019. 
  2. D. R. Robertson; Gerald R. Allen (2015). "Familia: ISTIOPHORIDAE, Peces Vela Y Merlines". Panamá: Instituto Smithsoniano de Investigaciones Tropicales. Consultado o 15 de agosto de 2019. 
  3. Turismo de las Islas Canarias (2015). "Pesca del Blue Marlin. A la pesca del gran sueño". Consultado o 15 de agosto de 2019.  Carácter salto de liña en |título= na posición 34 (Axuda)
  4. Alejandro (29 de xaneiro de 2019). "La pesca del Marlín: la cúspide de la pesca deportiva". Consultado o 15 de agosto de 2019. 
  5. Jesús De La Torre Bermejo (2011). "Vamos a Pescar Marlin". Consultado o 15 de agosto de 2019. 
  6. Virginia Institute of Marine Science (12 de setembro de 2011). "Especies de atún e marlín en risco" (en castelán). Oficina de Publicacións da UE. Consultado o 15 de agosto de 2019. 
  7. WoRMS Editorial Board (2019). MarineSpecies.org, ed. "Istiophoridae Rafinesque, 1815" (en inglés). Flanders Marine Institute. Consultado o 15 de agosto de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]