Israeli American Council

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Consello Americano-Israelí (en inglés: Israeli-American Council, en hebreo: ארגון הקהילה הישראלית-אמריקאית ) é unha organización americana que ten como misión: "construír e manter unida a comunidade israelí-americana durante as próximas xeracións e fomentar o seu apoio cara ao estado de Israel."[1]

Información xeral[editar | editar a fonte]

O Consello Americano-Israelí (IAC), foi coñecido inicialmente como Consello de Liderado Israelí (ILC), foi fundado na cidade dos Angeles no ano 2007 para organizar a comunidade israelí-americana. Un grupo de líderes comunitarios israelís-americanos reuníronse para formar o primeiro consello de directores da organización, que entón se chamaba (ILC) Israeli Leadership Council. O grupo fundacional formulou tres alicerces clave para o futuro da organización: fortalecer ás futuras xeracións de cidadáns israelís-americanos, así como contar co apoio da comunidade xudía americana cara ao Estado de Israel. O rápido crecemento da organización fixo que a IAC pronto se establecese como a maior organización israelí-americana dos Estados Unidos. Ao chegar o ano 2013, a organización cambiou o seu antigo nome, e adoptou o seu nome actual: Consello Americano-Israelí (IAC). No ano 2014, o IAC celebrou a súa primeira conferencia nacional en Washington D.C. No ano 2015, o IAC aumentou a súa presenza e estableceu 7 oficinas en varios lugares do territorio nacional dos Estados Unidos. O seu cuartel xeral está na cidade dos Angeles, ten oficinas rexionais en Nova York, Washington, Miami, Boston, e Nova Jersey.

Obxectivos[editar | editar a fonte]

O IAC define os seus obxectivos como os seguintes:

  • "Conectar coa próxima xeración da comunidade, coa súa identidade xudía, o idioma hebreo, e co Estado de Israel."
  • "Servir como recurso financeiro e profesional para as iniciativas que apoian o desenvolvemento dunha comunidade israelí-americana activa e unificada, cunhas fortes conexións co Estado de Israel, agora e no futuro."
  • "Fortalecer as relacións entre a comunidade israelí-americana e a comunidade xudía americana."
  • "Construír pontes entre os israelís-americanos e a comunidade xudía americana dos Estados Unidos."
  • "Apoiar unha cultura da xenerosidade, o altruísmo, o activismo, crear unha conexión con Israel a nivel persoal, contar co apoio e a participación do conxunto da comunidade."

Historia[editar | editar a fonte]

Celebrate Israel Festival nos Angeles, 2013.
Manifestación prol-israelí nos Angeles, 2014.

No verán do ano 2006, durante a Segunda Guerra do Líbano, o consulado israelí nos Ánxeles organizou unha manifestación pro-israelí. Mentres que a comunidade e os seus dirixentes, así como centenares de membros comunitarios asistiron ao acto, tan só un puñado de israelís-americanos participaron. Os organizadores estaban decepcionados ao ver a baixa participación dos máis de 200 000 israelís-americanos que residían naquela área, tendo en conta que os israelís-americanos estaban a seguir de preto os acontecementos que entón tiñan lugar en Israel, e que algúns deles mesmo estaban a liderar iniciativas de apoio. Como comunidade, non estaban organizados ou afiliados con ningunha institución que fose capaz de unilos e lideralos.

Recoñecendo o potencial non aproveitado desta comunidade, o cónsul israelí que estaba nos Ánxeles naquel momento, Ehud Danoch, reuniuse con dous veteranos locais da comunidade israelí-americana, Danny Alpert e Eli Marmour. Danny preparou unha reunión preliminar na súa casa cos membros activos da comunidade Adam Milstein, Eli Tene, Steve Erdman, Naty Saidoff, Eli Marmour e Shoham Nicolet. Eles fundaron o Consello de Liderado Israelí, en inglés: Israeli Leadership Council (ILC), co obxectivo de construír unha comunidade israelí-americana para fortalecer as próximas xeracións da comunidade xudía americana, e apoiar o Estado de Israel.

En xullo do ano 2007, aproximadamente 80 líderes comunitarios, así como homes e mulleres de negocios americanos-israelís reuníronse no Hotel Hilton de Beverly Hills para asistir a un xantar organizado polo ILC. Neste acto participou o alcalde dos Angeles e o cónsul xeral de Israel. Liderando o ILC estaban os membros fundadores do consello: Adam Milstein, Steve Erdman, Eli Marmour, Naty Saidoff, Shawn Evenhaim, Yossi Rabinovitz e Nissan Pardo. Eles nomearon a Danny Alpert e a Eli Tene como copresidentes do consello. Shoham Nicolet serviu como membro fundador e como director executivo.

No ano 2008 o ILC conseguira atraer a moitos líderes comunitarios e a homes de negocios da comunidade, entre eles estaban Beny Alagem, Leo David e Haim Saban, que tiveron un papel clave, apoiando ao ILC. Life for Sderot en galego: vida para Sderot, foi a primeira iniciativa importante do ILC,; este proxecto beneficiou á poboación do sur de Israel, que se atopaba baixo un fogo constante debido aos ataques con foguetes. Nun esforzo conxunto co consulado israelí, o ILC reuniu 1 800 asistentes, entre eles celebridades de Hollywood, líderes comunitarios e personaxes públicos. Os candidatos á presidencia dos Estados Unidos do ano 2008, Barack Hussein Obama, Hillary Rodham Clinton, e John McCain, enviaron o seu apoio a través de mensaxes de vídeo.[2] Os aforros que se conseguiron reunir neste evento axudaron a levar as tecnoloxías educativas ás escolas do pobo de Sderot. Esta foi a primeira vez que os israelís-americanos residentes nos Estados Unidos lideraron un acto benéfico para reunir fondos, a través dun evento comunitario dirixido ao conxunto da comunidade xudía dos Angeles.

NO ano 2008 o ILC lanzou o proxecto chamado Tzav 8, usando as novas tecnoloxías para mobilizar a miles de membros comunitarios para apoiar publicamente a Israel. Este esforzo deu como resultado unha manifestación de máis de 6 000 persoas ante o Edificio Federal Wilshire. Desde entón, a organización usou o código de alerta Tzav 8 cando tiveron lugar graves crise en Israel.

No ano 2009, o ILC tivo a súa primeira cea de gala anual. Centenares de israelís-americanos se reuniron por primeira vez para asistir a un acto benéfico de recollida de fondos, co propósito de contribuír polo ben da súa propia comunidade. Na segunda cea anual de gala, e desde entón cada ano, o Presidente de Israel, o Primeiro ministro, e outros cargos do goberno israelí enviaron mensaxes de apoio á organización e á comunidade. Nos seguintes dous anos, o ILC empezou a dar o seu apoio a un certo número de organizacións; unha destas chámase Tzofim. Os Tzofim son os boy scouts israelís, que contan coa axuda e o apoio da comunidade.

Hoxe a asociación ofrece o seu apoio a máis de 50 organizacións sen ánimo de lucro dos Estados Unidos. O ILC tamén desenvolveu novos programas. O ano 2010 o ILC fundou BINA, unha asociación xudía americana de mozos profesionais, e no ano 2011, o ILC introduciu o seu primeiro programa a nivel nacional, chamado Sifriyat Pixama Be America, un programa para aprender a ler en hebreo, para nenos de entre 2 e 8 anos, que entrega gratuitamente cada mes libros en hebreo para os nenos de miles de familias israelís-americanas residentes nos Estados Unidos.[3]

En setembro do ano 2011, o ILC recrutou ao seu primeiro director a tempo completo, Sagi Balasha, que axudou a dirixir a organización nun período de rápido crecemento e expansión. O mes de novembro de 2011, a iniciativa voluntaria chamada ILC Care foi lanzada cun concerto que contou coa asistencia de 6 000 persoas nos Estudos Universal de Hollywood.

En abril do ano 2012, o ILC iniciou o Celebrate Israel Festival, un festival que celebra o Yom Ha'atzmaut, o Día da independencia do Estado de Israel, que contou coa asistencia dunhas 15 000 persoas nos Angeles. No mes de maio do ano 2012, Shawn Evenhaim foi nomeado novo presidente do consello, liderando o rápido crecemento da organización nos anos seguintes, xunto co director executivo Sagi Balasha e o consello directivo do ILC. Entre o verán do ano 2011 e o verán do ano 2012, máis de 30 000 persoas participaron nos programas do ILC e nos seus eventos.

A mediados do ano 2013, a organización case chegou a dobrar as súas actividades, con máis de 50 000 participantes. Como resultado, programas adicionais foron desenvolvidos, e os programas xa existentes volvéronse máis fortes para servir ás necesidades cambiantes da comunidade.

En outubro do ano 2014, Adam Milstein converteuse no novo presidente nacional do Consello Americano-Israelí (IAC), e Shoham Nicolet volveu para exercer o cargo de director executivo.

Crecemento nacional[editar | editar a fonte]

Celebrate Israel Festival, Miami, 2015.

No ano 2013, a organización pasou a chamarse Consello Americano-Israelí (IAC).[4] O novo nome foi anunciado durante a cea de gala anual, que tivo lugar no mes de marzo. Durante a gala, filántropos e varios activistas pro-israelís, como o matrimonio formado por Sheldon Adelson e Miriam Adelson, comprometéronse en prover os recursos necesarios para facer posible que o IAC se converta nunha asociación nacional. En setembro de 2013, o plan de expansión nacional do IAC foi lanzado, ofrecendo un modelo para chegar a máis de 600 000 israelís-estadounidenses residentes nos Estados Unidos.

No ano 2015, o IAC establecera 7 oficinas rexionais: na cidade de Los Ángeles atópase a sede nacional, hai oficinas rexionais do IAC en: Nova York, Washington DC, Las Vegas, Miami, Boston, e Nova Jersey.[5][6][7][8] O consello nacional do IAC creceu, engadindo representantes de diversas rexións; entre eles, Avi Almozlino (Boston), Rachel Davidson (Nova York), Yohanan Lowie (Las Vegas), Rani Ben David (Florida) e Gilly Arie (Washington DC). Cun persoal de 70 membros profesionais, e un orzamento anual de 17 millóns e medio de dólares americanos, a organización estivo servindo a 200 000 participantes cunha ampla gama de programas e eventos.

En novembro do ano 2014, o IAC tivo a súa primeira conferencia nacional en Washington DC, o acto reuniu a máis de 750 líderes comunitarios de 23 estados. O programa da conferencia presentaba a varios líderes políticos dos Estados Unidos e do Estado de Israel, a filántropos, e a varias voces prominentes do mundo dos negocios, así como membros da comunidade israelí-estadounidense.

O IAC ten plans para abrir máis oficinas rexionais, para satisfacer as necesidades crecentes da comunidade. Os membros da comunidade israelí-estadounidense son entre medio millón e unhas 800 000 persoas, que residen actualmente no territorio dos Estados Unidos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "About the IAC". Israeli American Council. 
  2. www.israeliamerican.org/ Israeli-American Council.
  3. www.jewishjournal.com/ The Jewish Journal of Greater Los Angeles. 2 de Noviembre de 2011.
  4. "Israeli Leadership Council changes name". The Jewish Journal of Greater Los Angeles. March 13, 2013. 
  5. "New program bonds Israeli and American Jews in Brooklyn Heights". Daily Brooklyn Eagle. September 2, 2014. 
  6. "IAC Merkaz". Israeli-American Council. Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2017. Consultado o 23 de xaneiro de 2018. 
  7. "Israeli-American Council Opens Boston Office". Jewish Journal (Boston). March 27, 2014. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 23 de xaneiro de 2018. 
  8. Jacob Kamaras (October 22, 2014). "Growing organization helps Israeli Americans find their voice". JNS.org. Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2017. Consultado o 23 de xaneiro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]