Isra Pérez
Isra Pérez | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Israel Pérez Buján | ||
Nacemento | 28 de maio de 2000 | ||
Lugar de nacemento | A Coruña | ||
Posición | Lateral dereito | ||
Información de club | |||
Club actual | Bergantiños | ||
Carreira xuvenil | |||
–2018 | Ural | ||
2018–2019 | Deportivo da Coruña | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2019–2021 | Fabril | 7 | (0) |
2019–2020 | → Arzúa | 23 | (0) |
2021–2023 | Ourense CF | 56 | (2) |
2023– | Bergantiños | 0 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 8 de setembro de 2023. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Israel "Isra" Pérez Buján, nado na Coruña o 28 de maio de 2000, é un futbolista galego que xoga como lateral dereito no Bergantiños, da Segunda División RFEF. É irmán xemelgo do tamén futbolista Álex Pérez, xogador do Racing Vilalbés.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Formouse como futbolista na canteira do Ural, conseguindo o ascenso á Liga Nacional Xuvenil na tempada 2016/17. En 2018 fichou polo equipo xuvenil do Deportivo da Coruña, co que xogou 24 partidos na División de Honra, nos que marcou 5 goles.
Para a tempada 2019/20 foi cedido xunto ao seu irmán ao Arzúa, co que debutou na Terceira División. Foi titular en case todos os partidos da histórica campaña, a primeira do club na categoría, que acabou na sexta posición da táboa.[1] De regreso na Coruña, pasou a formar parte do Fabril, tamén en Terceira. Co filial do Deportivo, disputou 8 partidos, 5 deles como titular. En decembro debutou co primeiro equipo do Deportivo, durante a disputa da 75ª edición do Trofeo Teresa Herrera ante un combinado coruñés.[2]
No verán de 2021 asinou como novo xogador do Ourense CF, da Terceira RFEF.[3] Titular na banda dereita do equipo azul, conseguiu o ascenso á Segunda División RFEF na súa primeira campaña, despois de derrotar na promoción a Fabril,[4] Barco e Llerenense.[5] Na tempada 2022/23 disputou 25 partidos en Segunda RFEF, marcando un gol ante o Rayo Cantabria.[6]
Para a tempada 2023/24 fichou polo Bergantiños, equipo que viña de descender á Terceira División RFEF.[7]
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Mantén unha relación sentimental coa futbolista internacional Athenea del Castillo, campioa do mundo coa selección española, á que coñeceu mentres ela defendía a camiseta do Deportivo da Coruña Feminino e el a do Fabril.[8][9]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Isra y Álex, dos jóvenes hermanos para la plantilla del Arzúa". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de xullo de 2019. Consultado o 8 de setembro de 2023.
- ↑ "O fútbol coruñés conserva o torneo máis antigo do mundo". 20 de decembro de 2020. Consultado o 8 de setembro de 2023.
- ↑ "Un lateral derecho refuerza al Ourense C.F.". Cadena SER (en castelán). 2 de agosto de 2021. Consultado o 8 de setembro de 2023.
- ↑ "O Fabril cae con méritos na semifinal do playoff ante o Ourense CF (1-0)". 1 de maio de 2022. Consultado o 8 de setembro de 2023.
- ↑ "El Ourense CF golea y entra por la puerta grande a la Segunda RFEF". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de maio de 2022. Consultado o 8 de setembro de 2023.
- ↑ "Dos chispazos del Ourense CF sentenciaron su visita al Rayo Cantabria (1-2)". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de xaneiro de 2023. Consultado o 8 de setembro de 2023.
- ↑ Mendoza, Santi (19 de xul. de 2023). "Isra Pérez, nuevo refuerzo de un Bergantiños que anuncia tres salidas". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 8 de setembro de 2023.
- ↑ "¿Quién es realmente Athenea? Revivimos su explosión con ocho personas de su círculo más cercano" (en castelán). 17 de xaneiro de 2023. Consultado o 8 de setembro de 2023.
- ↑ Rodríguez Peleteiro, Marta (20 de agosto de 2023). "Así es la vida personal de las 23 campeonas del mundo". As (en castelán). Consultado o 8 de setembro de 2023.