Dolores Delgado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Dolores Delgado
(Dolores Delgado) Acto Homenaje en Cáceres (46540177085) (cropped).jpg
Nome completoDolores Delgado García
Nacemento9 de novembro de 1962
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Autónoma de Madrid e Universidade Complutense de Madrid
Ocupaciónfiscal e política
editar datos en Wikidata ]

Dolores Delgado García, nada en Madrid o 9 de novembro de 1962, é unha fiscal española, actual ministra de Xustiza do Goberno de España.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en Dereito pola Universidade Autónoma de Madrid (UAM), cursou tamén un máster impartido pola Escola de Práctica Xurídica de Madrid e a Universidade Complutense.​ Gañou unha praza de fiscal por oposición en 1989.​ Traballou como fiscal no Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña (1989-1993),​ na Fiscalía Especial Antidroga,​ e, desde 1993, na Audiencia Nacional.

Próxima a Baltasar Garzón,​ é experta na loita contra o terrorismo xihadista.​​​ En 2013 mostrouse en contra da entrega a Suíza do informático francoitaliano Hervé Falciani.​ Delgado, que participou como fiscal no caso de Adolfo Scilingo,​ mostrouse contraria a recortes ao principio de xustiza universal.​ Membro da Unión Progresista de Fiscais, en abril de 2018 converteuse en vogal do Consello Fiscal.

O 7 de xuño de 2018 tomou posesión como ministra de Xustiza do goberno de Pedro Sánchez, despois de prosperar a moción de censura contra Mariano Rajoy.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]