Irina Ionesco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Irina Ionesco
Nacemento3 de setembro de 1935
 París
NacionalidadeFrancia e Romanía
Ocupaciónfotógrafa
FillosEva Ionesco
editar datos en Wikidata ]

Irina Ionesco, nada en París o 3 de setembro de 1930[1], é unha fotógrafa francesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É filla de inmigrantes romaneses. Pasou a maior parte da súa infancia en Constanza, Romanía, antes de trasladarse a París. Viaxou e pintou durante anos antes de descubrir a fotografía. O seu traballo é descrito coma erótico.

No 1974, expuxo parte do seu traballo na galería Nikon de París, atraendo moita atención sobre as súas obras. Posteriormente publicou en diversas revistas, libros e expuxo en diversas galerías ó redor do mundo.

Irina Ionesco é quizais máis famosa polas súas imaxes mostrando a súa propia filla adolescente, Eva. Os espidos que caracterizou con Eva, provocaron controversia, xa que moitas destas imaxes mostraban unha adolescente en poses artísticas e eróticas; de maneira similar a outros traballos nos que os modelos, porén, si eran adultos.

Na meirande parte do seu traballo, Irina vestía as mulleres de maneira extravagante, adornadas con xoias, guantes e outros artigos de luxo. Mais tamén as adornaba con obxectos simbólicos coma gargantillas e outras pezas fetiche, posando provocativamente, ofrecéndose a si mesmas parcialmente espidas e coma meros obxectos sexuais a posuír.

Libros de Irina Ionesco[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]