Irene Garrido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Irene Garrido Valenzuela»)
Infotaula de personaIrene Garrido

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Irene Garrido Valenzuela Editar o valor em Wikidata
29 de marzo de 1960 Editar o valor em Wikidata (64 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Deputada de España
5 de xullo de 2016 – 18 de novembro de 2016 – Tomás Fole →

Circunscrición electoral: Pontevedra

Deputada de España
29 de decembro de 2015 – 3 de maio de 2016

Circunscrición electoral: Pontevedra

President of the Official Credit Institute (en) Traducir
agosto de 2014 – novembro de 2015
← Román Escolano (pt) Traducir
Deputada de España
30 de novembro de 2011 – 1 de setembro de 2014 – Gonzalo Ordóñez Puime →

Circunscrición electoral: Pontevedra

Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsFernando Garrido Valenzuela Editar o valor em Wikidata
Premios

Twitter: garridoirene1 Dialnet: 2034448 Editar o valor em Wikidata
Papeleta dos candidatos do PP ao Congreso por Pontevedra, nas Eleccións Xerais de 2016.

Irene Garrido Valenzuela, nada en Madrid o 29 de marzo de 1960, é unha economista e política galega do PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aos dez anos trasladouse a Vigo. Licenciouse e posteriormente doutorouse en Economía pola Universidade de Santiago. Conseguiu a praza de profesora titular nesa mesma área, pero na Universidade de Vigo, onde foi directora do departamento de Economía financeira e Contabilidade. En 2010 foi designada como representante do Partido Popular no consello de administración de Caixanova.

En 2011 concorreu nas listas do PPdeG ao Congreso dos Deputados pola provincia de Pontevedra, onde resultou elixida. Logo de tres anos na cámara baixa foi designada presidenta do Instituto de Crédito Oficial, a primeira muller en ostentar ese cargo na historia da institución de financiamento público. Un ano despois dimitiu para presentarse de novo na candidatura do PPdeG pola provincia de Pontevedra, neste caso nas xerais de 2015, nunha lista que foi encabezada tamén por tres mulleres, Ana Pastor de número 1, Garrido de 2, e Pilar Rojo de 3.

Revalidou a posición nas listas nas eleccións xerais de 2016, e volveu saír deputada. A finais dese ano foi escollida para ocupar o posto de Secretaria de Estado de Economía e Apoio á empresa, no ministerio de Economía dirixido por Luis de Guindos.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

É irmá de Fernando Garrido Valenzuela, quen fora deputado e conselleiro da Xunta, e que en 2011 era presidente do Padroado do Parque Nacional das Illas Atlánticas. Ademais é curmá de Alfonso Rueda e irmá de Javier Garrido Valenzuela, quen foi presidente dos promotores inmobiliarios de Galicia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]