Tomás Fole

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Tomás Fole
Nacemento28 de xaneiro de 1965
 Vilagarcía de Arousa
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Tomás Javier Fole Díaz,[1] nado en Vilagarcía de Arousa o 28 de xaneiro de 1965, é un político galego do PPdeG.

Papeleta dos candidatos do PP ao Congreso por Pontevedra, nas Eleccións Xerais de 2016.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Neto de Darío Fole Malvar e sobriño de Joaquín Fole Vilar. Licenciado en empresariais. Presidente do PPdeG de Vilagarcía dende 2003, foi reelixido en 2010 a pesar do seu enfrontamento co presidente provincial Rafael Louzán[2]. Foi o candidato do PPdeG á alcaldía de Vilagarcía nas municipais de 2003 e 2007, conseguindo incrementar os concelleiros populares, pero sen acadar a maioría. Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Vilagarcía de Arousa e foi elixido alcalde grazas ao apoio do concelleiro de IVIL, José Luis Rivera Mallo, que despois se integraron no PPdeG[3]. En novembro de 2016 tomou posesión como deputado no Congreso trala renuncia de Irene Garrido e José Balseiros.[4]


Predecesor:
Dolores García Giménez
 Vilagarcía de Arousa.svg
Alcalde de Vilagarcía de Arousa
 
2011 - 2015
Sucesor:
Alberto Varela Paz

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]