Gonzalo Ordóñez Puime
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (es) Gonzalo José Ordóñez Puime 12 de abril de 1954 O Porriño |
| 9 de setembro de 2014 – 27 de outubro de 2015 ← Irene Garrido Valenzuela Lexislatura: X lexislatura de España Circunscrición electoral: Pontevedra Electo en: Eleccións Xerais 2011 en España | |
| Datos persoais | |
| Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
| Familia | |
| Pai | Gonzalo Ordóñez Pérez |
Gonzalo José Ordóñez Puime, nado no Porriño o 12 de abril de 1954, é un político galego do PPdeG.

Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Gonzalo Ordóñez Pérez, que foi alcalde do Porriño. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, é avogado de profesión. En 1983 foi elixido concelleiro no Porriño encabezando a Candidatura Independente de Porriño. En 1991 foi elixido concelleiro do Partido Popular, sendo primeiro tenente de alcalde con José Manuel Barros. En febreiro de 2003 encabezou unha escisión e pasou ao grupo mixto.[1] Nas eleccións municipais de 2003 encabezou a candidatura de Independientes de Porriño que obtivo cinco concelleiros e apoiou a elección como alcalde do candidato do BNG Raúl Francés Rodríguez. Nas municipais de 2007 encabezou de novo a formación independente e pasou a tan só 2 concelleiros. Se ben apoiou na investidura ó candidato do PPdeG, a falta de apoio da candidatura de Ciudadanos por Porriño de Nelson Santos Argibay supuxo que o BNG conservase a alcaldía ó se-la lista máis votada.
En febreiro de 2010 apoiou unha moción de censura que supuxo o acceso á alcaldía do candidato de CxP, Nelson Santos, e a integración desta formación e da súa, IdeP, no PPdeG. Tras vota-la moción de censura renunciou como concelleiro e pasou a centrarse na súa profesión como avogado. En febreiro de 2014 foi nomeado Director Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias da Xunta de Galicia. En setembro dese mesmo ano abandonou dito posto para ser deputado no Congreso en substitución de Irene Garrido[2]. Nas eleccións xerais de 2015 e de 2016 ocupou o sexto posto na lista do PP ao Congreso pola provincia de Pontevedra, pero non foi elixido.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Gonzalo Ordóñez deja el PP y forma el partido Independientes de Porriño". La Voz de Galicia (en castelán). 2003-02-19. Consultado o 2021-03-08.
- ↑ "Gonzalo Ordóñez Puime: "Hai quen pretende substituír o debate político pola caza do político"". Consultado o 2020-03-24.