Saltar ao contido

Garda de Ferro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Garda de Ferro
Imaxe da bandeira
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
Características
 Posición política
far-right (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Implicados
 Fundador/a
 Presidente/a
Horia Sima 16 de xuño de 1938 - 23 de xaneiro de 1941
Corneliu Zelea Codreanu 24 de xuño de 1927 - 16 de maio de 1938 Editar o valor en Wikidata
Datas
 Fundación / creación
24 de xullo de 1927 Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
1945 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 País
Códigos e identificadores
VIAF173528371 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01_tjf Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Musicbrainz: 2b1c5b62-06a8-4177-afa5-730f7d90fdcf Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A Garda de Ferro (en romanés Garda de Fier) foi un movemento fascista, ultranacionalista e antisemita romanés, convertido logo nun partido político, que existiu desde 1927 até a segunda guerra mundial.

O movemento foi fundado por Corneliu Zelea Codreanu, o 24 de xullo de 1927, baixo o nome "Lexión do Arcanxo Miguel", e foi liderada por Codreanu até a súa morte, en 1938. Os adeptos e membros do movemento eran chamados "lexionarios". En marzo de 1930 Codreanu formou a "Garda de Ferro", unha póla paramilitar e política da Lexión; este nome chegou a aplicarse para a Lexión enteira. Máis tarde, en xuño de 1935, a Lexión mudou oficialmente o seu nome ao partido "Totul pentru Ţară" ("Todo para o País").

Os seus membros levaban uniformes verdes (considerados símbolo de rexuvenecemento, polos seus uniformes gañaron o alcume "As camisas verdes") e saudábanse entre eles como os romanos. O símbolo principal empregado pola Garda de Ferro foi unha cruz tripla, representando barras de prisión (como escudo do martirio), ás veces chamada "A Cruz do Arcanxo Miguel".