Inhibidor da colinesterase

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Inhibidor da colinesterase
Clase de fármaco
Identificadores da clase
Usoenfermidade de Alzheimer
Código ATCN06#N06DA Anticolinesterases
Mecanismo de accióninhibidor encimático
Diana biolóxicaColinesterase
Datos clínicos
Drugs.comClases de fármacos
WebMDda colinesterase/article.htm MedicineNet 
Ligazóns externas
MeSHD002800
Status legal
[[d:raw |En Wikidata]]
Acetilcolina
Molécula de sarín, C4H10FO2P
Molécula de tetraetil pirofosfato, C8H20O7P2

Os inhibidores da colinesterase (ChEIs), tamén coñecidos como compostos anticolinesterase, son compostos que impiden a degradación do neurotransmisor acetilcolina ou da butirilcolina (composto sintético usado en probas bioquímicas). No corpo, isto incrementa a cantidade de acetilcolina na fenda sináptica que se pode unir aos receptores muscarínicos, receptores nicotínicos e outros. Este grupo de inhibidores divídese en dous subrupos, os inhibidores da acetilcolinesterase (AChEIs) e os inhibidores da butirilcolinesterase (BChEIs).[1][2][3]

Os inhibidores da colinesterase poden usarse como fármacos para tratar o alzhéimer e a miastenia grave, e tamén como arma química e insecticida.[4][5] Os efectos secundarios que aparecen cando se usan estas medicinas poden ser os seguintes: perda de apetito, náuseas, vómitos, diarrea, soños vívidos nocturnos, deshidratación, erupción cutánea, bradicardia, úlcera péptica, convulsións, perda de peso, rinorrea, salivación, cambras musculares e fasciculacións.[6][7]

Os inhibidores da colinesterase actúan indirectamente como fármacos parasimpatomiméticos.[8]

Os inhibidores da colinesterase úsanse moito como arma química.

Uso médico[editar | editar a fonte]

Disponse comercialmente de tres inhibidores da colinesterase para o tratamento do alzhéimer,[6] que son a rivastigmina, donepezil e galantamina, outros compostos aprobados como a tacrina non están polo momento dispoñibles.[6] Úsanse xeralmente para tratar a enfermidade de Alzheimer e a demencia.[6] Se producen un beneficio, este aparece durante o segundo ou terceiro mes de tratamento.[6]

É difícil de determinar que inhibidor da colinesterase ten maior eficacia, debido a fallos no deseño dos estudos para facer comparacións.[9]

A piridostigmina utilízase no tratamento da miastenia grave.[10]

A neostigmina utilízase na combinación cun antagonista muscarínico para reverter os efectos de relaxantes musculares non despolarizantes, como o bromuro de rocuronio.

Toxicidade dos inhibidores da colinesterase[editar | editar a fonte]

Efectos secundarios comúns dos inhibidores d colinesterase son: insomnio, náuseas e vómitos, lesións accidentais, dor de cabeza, mareos, bradicardia, hipotensión, equimose e trastornos do sono.[11]

Afinidade de unión[editar | editar a fonte]

Inhibidores da acetilcolinesterase[editar | editar a fonte]

O donepezil, a fenserina, a huperzina A e o BW284c51 son inhibidores selectivos da AChE.[12][9]

Inhibidores da butirilcolinesterase[editar | editar a fonte]

A Tetra (monoisopropil) pirofosforamida (Iso-OMPA) e a etopropazina son inhibidores selectivos da BChE.[12]

Inhibidores de AChE e BChE[editar | editar a fonte]

O paraoxón e a rivastigmina son inhibidores tanto da acetilcolinesterasee coma da butirilcolinesterase.[12][9][7]

En 2015, a base de datos do Sistema de Informe de Eventos Adversos da FDA dos Estados Unidos comparou a rivastigmina con outros fármacos inhibidores da colinesterase como donepezil e galantamine e atopou que a rivastigmina estaba asociada cunha maior frecuencia de informes de morte como evento adverso.[13]

Inhibidor da acetilcolinesterase e modulador do receptor nicotínico[editar | editar a fonte]

A galantamina podería ser tolerada peor que o donepezil e a rivastigmina.[9]

Armas químicas[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Arma química.

Os inhibidores da colinesterase úsanse moito como arma química. Desde novembro de 2019 o grupo de inhibidores da colinesterase coñecidos como Novichoks foron prohibidos como axentes para a guerra baixo a Convención de Armas Químicas.[14] Os axentes Novichok son compostos organofosfatos neurotóxicos e considéranse máis potentes que o gas VX, que é tamén un composto organofosfato.[15]

Intento de asasinato[editar | editar a fonte]

Os inhibidores da colinesterase atraeron a atención pública en 2020 cando a figura da oposición rusa ao réxime de Vladimir Putin Alexei Navalny foi tratado no hospital Charité de Berlín por envelenamento polo axente nervioso de fabricación rusa coñecido desde 2019 como pertencente ao subgrupo dos axentes Novichok de inhibidores da colinesterase. Navalny conseguiu recuperarse pero con graves secuelas.[16]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. English, Brett A.; Webster, Andrew A. (2012). "Acetylcholinesterase and its Inhibitors". Primer on the Autonomic Nervous System. Elsevier. pp. 631–633. ISBN 978-0-12-386525-0. doi:10.1016/b978-0-12-386525-0.00132-3. 
  2. Deutch, Ariel Y.; Roth, Robert H. (2014). "Pharmacology and Biochemistry of Synaptic Transmission". From Molecules to Networks. Elsevier. pp. 207–237. ISBN 978-0-12-397179-1. doi:10.1016/b978-0-12-397179-1.00007-5. 
  3. Colovic, Mirjana B.; Krstic, Danijela Z.; Lazarevic-Pasti, Tamara D.; Bondzic, Aleksandra M.; Vasic, Vesna M. (2013-04-01). "Acetylcholinesterase Inhibitors: Pharmacology and Toxicology". Current Neuropharmacology (Bentham Science Publishers Ltd.) 11 (3): 315–335. ISSN 1570-159X. PMC 3648782. PMID 24179466. doi:10.2174/1570159x11311030006. 
  4. "Cholinesterase Inhibitors (Medical Use & WMD)". PharmWiki. Tulane University School of Medicine. Consultado o 24 de agosto de 2020. 
  5. Mandour, Raafat (2013). "Environmental Risks of Insecticides Cholinesterase Inhibitors". Toxicology International (United States National Library of Medicine) 20 (1): 30–34. PMC 3702124. PMID 23833435. doi:10.4103/0971-6580.111556. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Budson, Andrew E.; Solomon, Paul R. (2016). "Cholinesterase Inhibitors". Memory Loss, Alzheimer's Disease, and Dementia. Elsevier. pp. 160–173. ISBN 978-0-323-28661-9. doi:10.1016/b978-0-323-28661-9.00016-0. 
  7. 7,0 7,1 Khoury, Rita; Rajamanickam, Jayashree; Grossberg, George T. (2018-01-08). "An update on the safety of current therapies for Alzheimer's disease: focus on rivastigmine". Therapeutic Advances in Drug Safety (SAGE Publications) 9 (3): 171–178. ISSN 2042-0986. PMC 5810854. PMID 29492246. doi:10.1177/2042098617750555. 
  8. Forrester, John V.; Dick, Andrew D.; McMenamin, Paul G.; Roberts, Fiona; Pearlman, Eric (2016). "General and ocular pharmacology". The Eye. Elsevier. pp. 338–369.e1. ISBN 978-0-7020-5554-6. doi:10.1016/b978-0-7020-5554-6.00006-x. Os parasimpatomiméticos son un grupo de fármacos que actúa ou ben directamente estimulando o receptor muscarínico, por exemplo a pilocarpina, ou inhibindo o encima acetilcolinesterase, que hidroliza a acetilcolina na sinapse. 
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 Hersen, Michel (2006). Comprehensive handbook of personality and psychopathology. Hoboken, Nova Jersey: John Wiley. p. 514. ISBN 978-0-471-75725-2. OCLC 63041762. 
  10. Organización Mundial da Saúde (2009). Stuart MC, Kouimtzi M, Hill SR, eds. WHO Model Formulary 2008. World Health Organization. p. 429. ISBN 9789241547659. hdl:10665/44053. 
  11. "Prescribing information : Aricept" (PDF). FDA access data. Eisai Inc. and Pfizer Inc. 2012. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2016-02-21. Consultado o 6 de maio de 2021. 
  12. 12,0 12,1 12,2 Waiskopf, Nir; Soreq, Hermona (2015). "Cholinesterase Inhibitors". Handbook of Toxicology of Chemical Warfare Agents. Elsevier. pp. 761–778. ISBN 978-0-12-800159-2. doi:10.1016/b978-0-12-800159-2.00052-x. 
  13. Ali TB, Schleret TR, Reilly BM, Chen WY, Abagyan R (2015). "Adverse Effects of Cholinesterase Inhibitors in Dementia, According to the Pharmacovigilance Databases of the United-States and Canada". PLOS ONE 10 (12): e0144337. Bibcode:2015PLoSO..1044337A. PMC 4671709. PMID 26642212. doi:10.1371/journal.pone.0144337. 
  14. Castelvecchi, Davide (2019). "Novichok nerve agents banned by chemical-weapons treaty". Nature. PMID 33244185. doi:10.1038/d41586-019-03686-y. 
  15. Chai, Peter R.; Hayes, Bryan D.; Erickson, Timothy B.; Boyer, Edward W. (2018). "Novichok agents: A historical, current, and toxicological perspective". Toxicology Communications 2 (1): 45–48. PMC 6039123. PMID 30003185. doi:10.1080/24734306.2018.1475151. 
  16. "Alexei Navalny was poisoned 'using Novichok' nerve agent, say German government". Telegraph Media Group Limited. 2 de setembro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]