Butirilcolinesterase

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
BCHE
Estruturas dispoñibles
PDBBuscar ortólogos: PDBe, RCSB
Identificadores
Nomenclatura
Identificadores
externos
LocusCr. 3 q26.1
Padrón de expresión de ARNm
Máis información
Ortólogos
Especies
Humano Rato
Entrez
590 12038
Ensembl
Véxase HS Véxase MM
UniProt
P06276 Q03311
RefSeq
(ARNm)
NM_000055 NM_009738
RefSeq
(proteína) NCBI
NP_000046 NP_033868
Localización (UCSC)
Cr. 3:
165.77 – 165.84 Mb
Cr. 3:
73.54 – 73.62 Mb
PubMed (Busca)
590


12038

A butirilcolinesterase (símbolo de HGNC BCHE; EC 3.1.1.8), tamén coñecida como BChE, BuChE, BuChase, pseudocolinesterase, ou (colin)esterase do plasma,[1] é un encima colinesterase non específico que hidroliza moitos tipos de ésteres da colina. En humanos fabrícase no fígado, atópase principalmente no plasma sanguíneo, e é codificado polo xene BCHE do cromosoma 3.[2]

É moi similar á acetilcolinesterase neuronal, que se coñece como colinesterase do eritrocito (RBC).[1] O termo "colinesterase sérica" úsase xeralmente facendo referencia a un test clínico que indica os niveis de ambos os encimas no sangue.[1] Pode utilizarse un ensaio da actividade da butirilcolinesterase no plasma como un test da función hepática, xa que tanto a hiper- coma a hipocolinesterasemia indican procesos patolóxicos. A vida media da BCHE é de 10 a 14 días.[3]

A butirilcolina é un composto sintético que non aparece no corpo de forma natural. Utilízase como ferramenta para distinguir entre a acetilcolinesterase e a butirilcolinesterase.

Posible función fisiolóxica[editar | editar a fonte]

A butirilcolinesterase pode ser un regulador fisiolóxico da ghrelina.[4]

Importancia clínica[editar | editar a fonte]

A deficiencia de butirilcolineserase (pseudocolinesterase) ten como resultado o retardo do metabolismo duns poucos compostos de importancia clínica, como os seguintes: succinilcolina, mivacurium, procaína, heroína e cocaína. Destes, o seu substrato máis importante clinicamente é o axente bloqueante neuromuscular despolarizador succinilcolina, que o encima butirilcolinesterase (pseudocolinesterase) hidroliza a succinilmonocolina e despois a ácido succínico.

En individuos con niveis plasmáticos normais do encima butirilcolinesterase funcional, a hidrólise e a inactivación de aproximadamente o 90–95 % dunha dose intravenosa de succinilcolina ocorre antes de que chegue á unión neuromuscular. O restante 5–10 % da dose de succinilcolina actúa como un agonista do receptor de acetilcolina na unión neuromuscular, causando unha despolarización prolongada da unión postsináptica da placa terminal motora. Esta despolarización inicialmente produce fasciculación do músculo esquelético. Como resultado da prolongada despolarización, a acetilcolina endóxena liberada da membrana presináptica da neurona motora non produce ningún cambio adicional no potencial de membrana despois de unirse ao seu receptor no miocito. A parálise fláccida dos músculos esqueléticos desenvólvese nun minuto. En suxeitos normais a función do músculo esquelético volve á normal aproximadamente en cinco minutos despois dunha soa inxección en bolo de succinilcolina, a medida que difunde pasivamente fóra da unión neuromuscular. A deficiencia de butirilcolinesterase pode orixinar altos niveis de moléculas de succinilcolina intactas chegando a receptores da unión neuromuscular, causando que o efecto paralítico continúe durante oito horas. Esta condición recoñécese clinicamente cando a parálise dos músculos respiratorios e outros músculos esqueléticos non consegue resolverse espontaneamente despois de que se administra succinilcolina como axente paralítico adicional durante procedementos de anestesia. En tales casos cómpre recorrer á respiración asistida.[5]

Os alelos mutantes no locus BCHE son responsables da sensibilidade ao suxametonio. As persoas homocigotas manteñen unha apnea prolongda despois da administración do relaxante muscular suxametonio en conexión coa anestesia cirúrxica. A actividade da buturilcolinesterase (pseudocolinesterase) no soro é baixa e o seu comportamento co substrato é atípico. En ausencia do relaxante, o homocigoto non ten desvantaxes coñecidas.[6]

Finalmente, o metabolismo influído pola butirilcolinesterase da procaína ten como resultado a formación de ácido paraaminobenzoico (PABA). Se o paciente que recibe procaína está recibindo antibióticos sulfonamidas como o bactrim, o efecto antibiótico será antagonizado ao proporcionar unha nova fonte de PABA ao microbio para a subseguinte síntese de ácido fólico.

Contramedida profiláctica contra os axentes nerviosos[editar | editar a fonte]

A butirilcolinesterase é unha contramedida profiláctica contra os axentes nerviosos organofosforados. Únese ao axente nervioso na corrente sanguínea antes de que este poida exercer efectos sobre o sistema nervioso. Como é un limpador biolóxico (e diana universal), é actualmente o único axente terapéutico efectivo que proporciona unha protección estequiométrica completa contra o espectro enteiro de axentes nerviosos orgnofosforados.[7]

Axente profiláctico contra a adicción á cocaína[editar | editar a fonte]

Descubriuse un novo fármaco experimental para o posible tratamento do abuso e sobredose da cocaína baseándose na estrutura da butirilcolinesterase. Trátase dun mutante BChE humano cunha eficiencia catalítica mellorada. Elimina a cocaína do corpo 2000 veces máis rápido que a forma natural do BChE. Os estudos en ratas indicaron que o fármaco previña as convulsións e a morte cando se administraban sobredoses de cocaína.[8]

O transplante de células da pel modificadas para expresar a forma potenciada da butirilcolinesterase en ratos permite a liberación a longo prazo do encima e protexe eficientemente os ratos do comportamento de busca de cocaína e da sobredose de cocaína.[9]

Marcador para o risco de SMSL[editar | editar a fonte]

Investigacións publicadas en 2022 polo Grupo de Investigación da Apnea do Sono e SMSL do Hospital Infantil de Westmead, Nova Gales do Sur, Australia, en The Lancet indican que a BChE pode ser un marcador para os bebés que están en risco de sufriren a síndrome de morte súbita do lactante (SMSL ou, na literatura inglesa, SIDS). Isto quere dicir que niveis máis baixos de BChE estaban asociados cun incremento do risco de SMSL.[10]

Inhibidores[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Inhibidor da colinesterase.

Nomenclatura[editar | editar a fonte]

As variacións en nomenclatura da BCHE e das colinesterases en xeral discútense en Colinesterase § Tipos e nomenclatura.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Jasmin L (2013-05-28). "Cholinesterase - blood". University of Maryland Medical Center. Arquivado dende o orixinal o 2012-10-30. Consultado o 2011-09-07. 
  2. Allderdice PW, Gardner HA, Galutira D, Lockridge O, LaDu BN, McAlpine PJ (outubro de 1991). "The cloned butyrylcholinesterase (BCHE) gene maps to a single chromosome site, 3q26". Genomics 11 (2): 452–454. PMID 1769657. doi:10.1016/0888-7543(91)90154-7. hdl:2027.42/29109. 
  3. Whittaker M (febreiro de 1980). "Plasma cholinesterase variants and the anaesthetist". Anaesthesia 35 (2): 174–197. PMID 6992635. doi:10.1111/j.1365-2044.1980.tb03800.x. 
  4. Chen VP, Gao Y, Geng L, Parks RJ, Pang YP, Brimijoin S (febreiro de 2015). "Plasma butyrylcholinesterase regulates ghrelin to control aggression". Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America 112 (7): 2251–2256. Bibcode:2015PNAS..112.2251C. PMC 4343161. PMID 25646463. doi:10.1073/pnas.1421536112. 
  5. "Pseudocholinesterase Deficiency". Medscape (WebMD LLC). 15 de xullo de 2021. 
  6. "Entrez Gene: BCHE butyrylcholinesterase". 
  7. "Medical Identification and Treatment Systems(MITS)". Joint Program Executive Office for Chemical and Biological Defense. United States Army. Arquivado dende o orixinal o 2016-10-28. Consultado o 2014-08-13. 
  8. Zheng F, Yang W, Ko MC, Liu J, Cho H, Gao D, et al. (setembro de 2008). "Most efficient cocaine hydrolase designed by virtual screening of transition states". Journal of the American Chemical Society 130 (36): 12148–12155. PMC 2646118. PMID 18710224. doi:10.1021/ja803646t. 
  9. Li Y, Kong Q, Yue J, Gou X, Xu M, Wu X (febreiro de 2019). "Genome-edited skin epidermal stem cells protect mice from cocaine-seeking behaviour and cocaine overdose". Nature Biomedical Engineering 3 (2): 105–113. PMC 6423967. PMID 30899600. doi:10.1038/s41551-018-0293-z. 
  10. Harrington CT, Hafid NA, Waters KA (xuño de 2022). "Butyrylcholinesterase is a potential biomarker for Sudden Infant Death Syndrome". eBioMedicine (The Children's Hospital in Westmead, Nova Gales do Sur, Australia) 80: 104041. PMC 9092508. PMID 35533499. doi:10.1016/j.ebiom.2022.104041. 
  11. Puopolo T, Liu C, Ma H, Seeram NP (2022-04-19). "Inhibitory Effects of Cannabinoids on Acetylcholinesterase and Butyrylcholinesterase Enzyme Activities". Medical Cannabis and Cannabinoids 5 (1): 85–94. PMC 9149358. PMID 35702400. doi:10.1159/000524086. 
  12. Brus B, Košak U, Turk S, Pišlar A, Coquelle N, Kos J, et al. (outubro de 2014). "Discovery, biological evaluation, and crystal structure of a novel nanomolar selective butyrylcholinesterase inhibitor". Journal of Medicinal Chemistry 57 (19): 8167–8179. PMID 25226236. doi:10.1021/jm501195e. 
  13. Messerer R, Dallanoce C, Matera C, Wehle S, Flammini L, Chirinda B, et al. (xuño de 2017). "Novel bipharmacophoric inhibitors of the cholinesterases with affinity to the muscarinic receptors M1 and M2". MedChemComm 8 (6): 1346–1359. PMC 6072511. PMID 30108847. doi:10.1039/c7md00149e. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]