Inhibidor da aromatase

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
A aromatase converte a testosterona en estradiol.
A aromatase converte a androstenediona en estrona.

Os inhibidores da aromatase (IA) son unha clase de medicamentos usados no tratamento de cancro de mama e cancro de ovario en mulleres posmenopáusicas. Os máis utilizados son letrozol e anastrozol.

Algúns cancros requiren estróxeno para medrar. A aromatase é unha enzima que sintetiza estróxenos. Os inhibidores de aromatase bloquean a síntese de estróxenos. Isto reduce os niveis de estróxeno, e frea o crecemento de cancros.

En mulleres premenopausicas, os estróxenos son producidos nos ovarios. Nas mulleres posmenopáusicas, os estróxenos son producidos nos tecidos adiposos e noutras partes do corpo. Os inhibidores de aromatase non poden deter ós ovarios de producir estróxenos, entón eles só poden bloquear a produción de estróxenos con eficacia en mulleres posmenopáusicas.