Immanuel Nobel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Immanuel Nobel

Immanuel Nobel, nado en Gävle o 24 de marzo de 1801 e finado en Estocolmo o 3 de setembro de 1872, foi un enxeñeiro, arquitecto, inventor e industrial sueco.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Membro da familia Nobel, é o pai de Robert Nobel, Ludvig Nobel e Alfred Nobel. Embarcou aos 14 anos[1] e tras tres anos en alta mar, estudou aquitectura en Estocolmo na Real Academia de Artes de Suecia e no Real Instituto de Tecnoloxía. Despois de rematar os seus estudos construíu pontes e rehabilitou e construíu casas, unha das máis coñecidas foi unha casa nos Kungsträdgården[2], e fundou unha pequena fábrica de caucho Inventou o torno a rotación que se utiliza para a fabricación de contrachapados e realizou unha versión mellorada dunha mina submarina que interesou ao tsar Nicolao I e que o levou a establecerse en San Petersburgo en 1838 e alí permaneceu dúas décadas coa súa familia. Fundou unha fábrica de subministracións de guerra, Fonderies et Ateliers Mécaniques Nobel Fils, co que logrou grandes beneficios. Secasí, a morte de Nicolao en 1855 e a fin da guerra de Crimea en 1856 supuxo un cambio nas políticas rusas e o novo tsar Alexandre II recurtou severamente o orzamento militar o que levou a serias dificultades económicas á empresa de Immanuel. En 1859 pasou a administración técnica ao seu fillo Ludvig e el volveu a Suecia. Nas proximidades de Estocolmo construíu unha fábrica onde os seus fillos Alfred e Emil experimentaron coa nitroglicerina. En 1862 os acredores venderon finalmente a empresa rusa[3] e tras Alfred Nobel inventar un detonador para controlala Immanuel comercializou a nitroglicerina, aínda que tras unha explosión na que morreu o seu fillo Emil trasladou a produción a un barco ancorado nun lago.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Robert W. Tolf (1976) The Russian Rockefellers: The Saga of the Nobel Family and the Russian Oil Industry Hoover Institution Press: Stanford, p. 1
  2. Fant, Kenne (2006) Alfred Nobel: A Biography Arcade Publishing, p. 13
  3. LeVine, Steve (2007) The Oil and the Glory. Random House. ISBN 978-0-375-50614-7. p. 16