Ludvig Nobel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ludvig Nobel
Ludvig Nobel.jpg
Nacemento27 de xullo de 1831
Lugar de nacementoEstocolmo e Maria Magdalena parish
Falecemento12 de abril de 1888 e marzo de 1888
Lugar de falecementoCannes
SoterradoSmolensky Lutheran Cemetery
NacionalidadeSuecia
Ocupaciónemprendedor, enxeñeiro, filántropo e industrial
PaiImmanuel Nobel
NaiAndriette Nobel
FillosEmanuel Nobel, Carl Nobel, Marta Helena Nobel-Oleinikoff, Anna Maria Elisabeth Sjögren, Rolf Bernhard Ludvig Nobel e Gustaf Oscar Ludvig Nobel
IrmánsAlfred Nobel, Robert Nobel e Emil Oskar Nobel
Na rede
WikiTree: Nobel-129 Find a Grave: 29374299 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Ludvig Nobel, nado o 27 de xullo de 1831 en Estocolmo e finado o 12 de abril de 1888 en Cannes, foi un enxeñeiro ruso-sueco.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Immanuel Nobel e irmán de Robert e Alfred Nobel, educouse en escolas técnicas rusas e aprendeu tamén do seu pai en San Petersburgo, converténdose no seu home de confianza a finais da década de 1850. Durante guerra de Crimea 1853-1856 a fábrica do seu pai tiña máis de 1000 traballadores e era un negocio florecente, pero coa fin das hostilidades perdeu os contratos do goberno e o seu pai regresou a Suecia, deixando a administración técnica no seu fillo, mentres os acredores tiñan a propiedade, logrou recuperar a produción e volveu facer contratos co goberno ruso. En 1878 xunto co seu irmán Robert, fundou Branobel, unha empresa petroleira en Bakú que en 1887 producía algó máis o 18'5% do petróleo ruso e o 7'5% mundial,[1] e para a que Luvig deseñou o primeiro petroleiro moderno, o Zoroaster.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Vassiliou, M. S. (2009) Historical Dictionary of the Petroleum Industry. Scarecrow Press, p. 97
  2. Tolf, Robert W. (1976). "The World's First Oil Tankers". The Russian Rockefellers: The Saga of the Nobel Family and the Russian Oil Industry. Hoover Press.