Illas Karimata
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Tipo | arquipélago | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Kepulauan Karimata, Indonesia (en) | |||
| ||||
As illas Karimata son un grupo de pequenas illas de Indonesia localizadas cerca da costa oeste de Borneo, en augas do estreito de Karimata, que conecta o mar da China Meridional e o mar de Xava, onde se encontran os océanos Pacífico e Índico.
A maior das illas é a illa Karimata, que dá o seu nome ao grupo, e que mide cerca de 20 km de longo (leste-oeste) e ten unha superficie de 179 km². Na illa levántanse dous afiados cumios montañosos, de 1 022 e 1034 m de altitude.
Administrativamente, as illas son parte da kabupaten de Ketapang, na provincia de Kalimantan Occidental (Borneo Occcidental).
Poboación
[editar | editar a fonte]Unha serie de pequenas aldeas están situadas na costa, a maior das cales é Padang, no extremo oriental da illa. A illa é coñecida porque os seus habitantes teñen graves problemas de malaria. Por iso, despois dunha severa epidemia desta doenza, foi repoboada con orixinarios da costa oeste de Borneo.
Historia
[editar | editar a fonte]Os exploradores neerlandeses visitaron a illa de Karimata en varias ocasións.[cando?]
Ecoloxía
[editar | editar a fonte]A illa Karimata ten unha ampla gama de ecosistemas, desde os mangleirais e os bosques tropicais nas terras baixas, a zonas de arbustos de montaña no cume das montañas de máis de 1 000 m de altura. As montañas son de granito.
Unha considerábel poboación de Collocalia linchi (unha especie de salangana,[1] ave da familia dos apódidos, que inclúe tamén os cirrios[2] ou birrios[3]) foi historicamente a fonte da sopa de niño de andonriña ou sopa de niño de ave, sopa considerada como unha especialidade da gastronomía chinesa.[4]
Estes niños véndense a 1 400 euros o quilogramo, prezio que ascende a 3 000 euros de comprarse unha vez procesados.
Segundo datos oficiais, hai máis de 20 000 recolectores destes niños no sueste asiático, que venden na súa totalidade á China.[5]
Esta poboación recentemente diminuíu até case a súa extinción, debido á sobreexplotación por recolectores non indíxenas que foron chegando desde o continente e illas adxacentes.
A illa Karimata está clasificada como Reserva natural polo goberno de Indonesia, pero até o momento non houbo ningunha xestión na zona. Porén, hai rumores de grandes plans de desenvolvemento turístico.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para salangana.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cirrio.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para birrio.
- ↑ Marcone, Massimo F. (2005): "Characterization of the edible bird's nest the Caviar of the East". Food Research International 38: 1125-1134.
- ↑ Sara R. Estella (13de agosto de 2017). "Nidos de pájaro a precio de oro". La Voz de Galicia. Consultado o 28 de setembro de 2019.