Kabupaten

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Kabupaten é o nome do nivel da división administrativa do territorio de Indonesia que se encontra inmediatamente por debaixo do nivel de Propinsi (Provincia).

O termo kabupaten podería traducirse como "rexencia", "municipalidade" ou "distrito".

Este nivel de subdivisión do territorio pode tomar dúas formas, Kabupaten ou Kota (en 1999 cambiouse o nome de Kotamadya a Kota), segundo se trate dun contorno rural ou urbano, respectivamente. En calquera caso as competencias son as mesmas nos Kabupaten que nas Kota. Legalmente non pertecen ao goberno local da Provincia, senón que teñen regulación e administración propias na forma do Goberno local do Kabupaten ou a Kota.

O Kabupaten está rexido polo Bupati, mientras que a Kota réxese polo Walikota (termo que podería traducirse por "alcalde").

Historia[editar | editar a fonte]

O termo "rexencia" ten a súa orixe no período colonial neerlandés, no que as rexencias, coñecidas como "regentschap" (plural, "regentschappen") en neerlandés, foron administradas polos Bupati (rexentes). Os Bupatis, é dicir, os xefes nativos, maioritariamente musulmáns e xefes das tribos, retiveron rangos protocolarios máis altos que os dos funcionarios neerlandeses que desempeñaron papeis como conselleiros ou representantes dos Países Baixos. Porén, o poder legal e militar quedou en mans do Gobernador Xeral en Batavia (hox coñecida como Iacarta), Xava, representante do dominio colonial do Goberno neerlandés.

Anteriormente, en Indonesia, os Kabupaten eran coñecidos como Daerah Tingkat II Kabupaten (Área de segundo nivel - Kabupaten). Co Decreto Lei número 22 do ano 1999 (Undang-undang Nomor 22 Tahun 1999) pasou a chamarse simplemente Kabupaten.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Romain Bertrand (2005): État colonial, noblesse et nationalisme à Java. París: Karthala. ISBN 978-2-8458-6637-2.
  • Soemarsaid Moertono (1981): State and statecraft in old Java: a study of the later Mataram period, 16th to 19th century. Modern Indonesia Project, Southeast Asia Program, Dept. of Asian Studies. Ithaca, NY, USA: Cornell University. ISBN 978-0-8776-3017-3.