Collocalia linchi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Salangana linchi
Collocalia linchi

Collocalia linchi en voo
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Subclase: Neornithes
Infraclase: Neognathae
Orde: Apodiformes
Familia: Apodidae
Tribo: Collocaliini
Xénero: Collocalia
Especie: C. linchi
Nome binomial
Collocalia linchi
Horsfield & Moore, 1854

A salangana linchi (Collocalia linchi), é unha especie de ave da subclase das neornites, infraclase dos neognatos, orde dos apodiformes, familia dos apódidos e tribo dos colocaliinos, unha das catro integradas no xénero Collocalia.

Propia de Sumatra, Xava, Balí e outras illas menores de Indonesia é unha especie arbórea que nidifica en covas.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1854 polos naturalistas Thomas Horsfield e Frederic Moore co nome binomial actual Collocalia linchi.[2][3]

Subespecies[editar | editar a fonte]

Na actualidade recoñecense as catro subespecies seguintes:[4][5][6]

  • Collocalia linchi dedii S. Somadikarta, 1986. En Balí e Lombok.
  • Collocalia linchi linchi Horsfield & Moore, 1854. En Bawean e Xava.
  • Collocalia linchi ripleyi S. Somadikarta, 1986. Nas montañas Barisan, en Sumatra.
  • Collocalia linchi dodgei Richmond, 1905. No monte Kinabalu (Sabah), no norte de Borneo.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Para a do xénero, véxase Collocalia

O epíteto específico, linchi, é unha adaptación do nome xavanés da ave.[7]

Nome vulgar[editar | editar a fonte]

En galego o seu nome é salangana lichi.[8]

Características[editar | editar a fonte]

Collocalia linchi aniñando nunha cova da illa de Xava.

A salangana lichi ten unha lonxitude de 9 a 11,5 cm. A plumaxe das súas partes superiores é de cor negra con brillos azuis, e a das súas partes inferiores gris.[9]

A súa historia na illa Karimata[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Sopa de niño de andoriña.

A pesar de que na actualidade o seu status, segundo a UICN é "pouco preocupante", a especie foi historicamente a fonte da sopa de niño de andoriña, sopa considerada como unha especialidade da gastronomía chinesa,[10] na illa Karimata (Indonesia) existiu en tempos unha considerábel poboación de aves desta especie, poboación que recentemente diminuíu até case a súa extinción, debido á sobreexplotación por recolectores non indíxenas que foron chegando desde o continente e illas adxacentes.

Estes niños véndense a 1 400 euros o quilogramo, prezo que ascende a 3 000 euros de comprarse unha vez procesados.
Segundo datos oficiais, hai máis de 20 000 recolectores destes niños no sueste asiático, que venden na súa totalidade á China.[11]

Esta poboación recentemente diminuíu até case a súa extinción, debido á sobreexplotación por recolectores non indíxenas que foron chegando desde o continente e illas adxacentes.

Estado de conservación[editar | editar a fonte]

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), tendo en conta que esta especie ten unha área de distribución moi grande e, a pesar de que a tendencia de poboación parece diminuír, non se cre que o descenso sexa o suficientemente rápido como para aproximarse aos limiares de "vulnerábel", polo que a especie é avaliada como LC (pouco preocupante).[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 BirdLife International (2016): Collocalia linchi na lista vermella da UICN. Versión 2019-2. Consultada o 28 de setembro de 2019.
  2. Horsfield, Thomas; Moore, Frederic (1854). A Catalogue of the Birds in the Museum of the Honorable East India Company. Volume 1. London: W.H. Allen. pp. 100–106. 
  3. Peters, James Lee, ed. (1940). Check-list of Birds of the World. Volume 4. Cambridge, Massachusetts: Harvard University Press. pp. 229–230. 
  4. Gill, Frank; Donsker, David, eds. (2017). "Owlet-nightjars, treeswifts & swifts". World Bird List Version 7.3. International Ornithologists' Union. Consultado o 28 de setembro de 2019. 
  5. Cave Swiftlet (Collocalia linchi) en Handbook of the Birds do the World Alive.
  6. Collocalia linchi Horsfield & Moore, 1854 no ITIS.
  7. Jobling, James A. (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. p. 227. ISBN 978-1-4081-2501-4. 
  8. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para salangana.
  9. Chantler, Phil (2010). Swifts: A Guide to the Swifts and Treeswifts of the World. A & C Black. ISBN 9781408135402. 
  10. Marcone, Massimo F. (2005): "Characterization of the edible bird's nest the Caviar of the East". Food Research International 38: 1125-1134.
  11. Sara R. Estella (13de agosto de 2017). "Nidos de pájaro a precio de oro". La Voz de Galicia. Consultado o 28 de setembro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • del Hoyo, Josep; Andrew Elliott, Jordi Sargatal & Nigel J. Collar (1999): Handbook of the Birds of the World, Vol. 5: Barn Owls to Hummingbirds. Barcelona, España: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-425-2.
  • Somadikarta, S. (1986). "Collocalia linchi Horsfield and Moore — a revision". Bulletin of the British Ornithologists' Club 106 (1): 32–40. 
  • Rheindt, Frank E.; Christidis, Les; Norman, Janette A.; Eaton, James A.; Sadanandan, Keren R.; Schodde, Richard (2017). "Speciation in Indo-Pacific swiftlets (Aves: Apodidae): integrating molecular and phenotypic data for a new provisional taxonomy of the Collocalia esculenta complex". Zootaxa 4250 (5): 401–433. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]