Saltar ao contido

Illa do Oso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Illa do Oso
 Nome orixinal
    Bjørnøya (nb) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Características
 Lingua usada
Implicados
 Inventor/a ou descubridor/a
 Propietario/a
Bjørnøen (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datas
 Descuberta / invención
10 de xuño de 1596 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Situado na entidade xeográfica
 Localización
 Bañado por
 OpenStreetMap
Mapa
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
   9 Editar o valor en Wikidata
 Anchura
   15,5 km Editar o valor en Wikidata
 Lonxitude
   20 km Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   178 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   536 m Editar o valor en Wikidata
 Punto máis alto
   536 m Miseryfjellet (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
OpenStreetMap9382299 Editar o valor en Wikidata
VIAF7735156858586549780005 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/018vrc Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

A illa do Oso (en noruegués Bjørnøya), é unha pequena illa habitada do arquipélago noruegués das illas Svalbard, no mar de Barents.[1] Administrativamente pertence a Svalbard, un territorio dependente de Noruega.

Foi descuberta por Willem Barents e Jacob van Heemskerk o 10 de xuño de 1596. Debe o seu nome a un oso polar que foi visto nadando cerca. A illa era considerada terra nullius até que o tratado de Svalbard de 1920 púxoa baixo soberanía norueguesa.

A pesar da súa remota situación e a súa natureza estéril, a illa foi testemuña de actividades comerciais durante séculos, tales como minaría de carbón, pesca e caza de baleas. Porén, os asentamentos non duraron máis que uns poucos anos, e hoxe está habitada unicamente polo persoal que traballa na estación meteorolóxica Herwighamna, 9 persoas.

No 2002, e xunto ás súas augas adxacentes, foi declarada reserva natural.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A illa localízase na parte occidental do mar de Barents, aproximadamente a medio camiño entre a illa de Spitsbergen e o cabo Norte.

Ten unha superficie de 178 km².

O seu punto máis alto está a 536 m sobre o nivel do mar, no Miseryfjellet, ao leste da illa.

Na actualidade está habitada tan sói por 9 persoas (censo de 2008).

Mapa topográfico da illa.

Aínda que pode ser que os navegantes da época viquinga a coñeceran, non foi descuberta oficialmente até o 10 de xuño de 1596 por Willem Barents, na súa terceira expedición.

Barnts chamou a esta illa Vogel Eylandt, "illa dos paxaros" en galego.[2]

Steven Bennet realizou unha exploración máis detallada en 1603 e 1604 e constatou daquela a súa rica poboación de morsas.

A partir de principios do século XVII, a illa utilizuose principalmente como unha base para a caza de morsas e especies de focas.

Por outra parte, ovos das aves mariñas recolectáronse das grandes colonias de reprodución destas aves até 1971.[3]

Durante a segunda guerra mundial producíronse importantes batallas navais cerca da illa:

  1. ↑ Só outras tres das illas das Svalbard (Spitsbergen, Bjørnøya e Hopen) teñen asentamentos. Svalbard: General Arquivado 05 de decembro de 2006 en Wayback Machine., Instituto Polar Noruegués. Última actualización 27 de maio de 2004. (URL accedido o 14 de xaneiro de 2017).
  2. ↑ Arlov, Thor . (2003). Svalbards historie (en noruegués). Trondheim: Tapir Akademisk Forlag. ISBN 82-519-1851-0.
  3. ↑ Circumpolar Seabird Working Group (2001). "Seabird harvest regimes in the circumpolar nations" (PDF). Consultado o 14 de xaneiro de 2017.