Willem Barents
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1550 Formerum |
| Morte | 20 de xuño de 1597 Nova Zembla |
| Causa da morte | Escorbuto |
| Residencia | Terschelling (pt) Ámsterdam |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Exploración e expedición polar |
| Ocupación | explorador, navegante, patrón de barco, maritime cartographer (en) |
| Familia | |
| Cónxuxe | wife of Willem Barents |
| Descrito pola fonte | Meyers Konversations-Lexikon, 4ª edición (1885–1890) Allgemeine Deutsche Biographie Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Willem Barents, nado en 1550 e finado en 1597, foi un navengante e explorador holandés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado na illa frisoa de Terschelling, marchou a Ámsterdan e en 1594 dirixiu unha expedición de dous barcos na busca du paso polo norte cara ao leste de Asia. Explorou a costa oeste de Nova Cembla e seguiu cara ao norte ata que, cando estaba preto do extremo norte, viuse obrigado a regresar.
Ao ano seguinte dirixiu outra expedición de sete barcos que tamén fracasou. Na terceira viaxe o barco de Barents quedou atrapado na neve ao norte de Nova Zembla e Barents non sobreviviu. En 1871 descubriuse a cabana que Barents e a súa tripulación construíu para tentar sobrevivir, a casa estaba intacta e atopouse parte do seu diario.