Saltar ao contido

Skye

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Illa de Skye»)
Modelo:Xeografía físicaSkye
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Parte deHébridas Interiores Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaHébridas Interiores Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaHighland, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 57°20′N 6°16′O / 57.33, -6.27
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude993 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións40 (ancho) × 80 (lonxitude) km
Punto máis altoSgùrr Alasdair (en) Traducir Editar o valor en Wikidata  (993 m Editar o valor en Wikidata )
Superficie1.656 km² Editar o valor en Wikidata
Vista de Quiraing, Skye
Neist Point
Imaxe satelital de Skye
Casa de pedra restaurada en Trotternish, Skye
Cantís próximos a Neist Point

A illa de Skye, (en escocés: An t-Eilean Sgitheanach), é a illa máis grande e máis setentrional das Hébridas Interiores, en Escocia.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

As primeiras referencias escritas da illa son fontes da Roma antiga, como a Cosmografía de Ravenna, que se refire a Scitis.[1] Scetis, pode atoparse nun mapa de Tolomeo (Ptolomeo).[2] Unha posible derivación vén de skitis, unha antiga palabra celta para "alado", que pode describir como as penínsulas da illa saen desde un centro montañoso.[3] Os pobos subseguintes falantes de gaélico, nórdico e inglés influíron no desenvolvemento da historia de Skye; As relacións entre os seus nomes para a illa non son directas. Propuxéronse diversas etimoloxías, tales como a "illa alada" ou "a illa fanada"[4] pero non se atopou unha solución definitiva ata a data e o nome do lugar pode ser dun idioma anterior, non gaélico.[5][6]

Nas sagas nórdicas Skye chámase Skíð, por exemplo na Hákonar saga Hákonarsonar[7] e nun poema skald Heimskringla de c. 1230 contén unha liña que traduce como "os paxaros da batalla da fame enchéronse en Skye co sangue dos inimigos mortos."[8] A illa tamén foi chamada polos nórdicos Skuy (illa bretemosa),[3] Skýey ou Skuyö (illa das nubes). O nome gaélico tradicional é An t-Eilean Sgitheanach (a illa de Skye), An t-Eilean Sgiathanach é unha ortografía máis recente e menos común.

Eilean a' Cheò, que significa illa da néboa (unha tradución do nome dos nórdicos), é un poético nome gaélico para a illa.[4][Note 1]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Con 1.656 km², Skye é a segunda illa máis grande de Escocia, despois da conformada por Lewis e Harris (Leodhas is na Hearadh). Esta illa ten un dos máis esgrevios terreos montañosos do país, incluíndo Cuillin (unha cordilleira de montañas rochosas), e tamén un gran patrimonio de antigos monumentos e castelos.

A liña costeira de Skye é unha serie de penínsulas, incluíndo Sleat no sur, Strathaird, Minginish, e Waternish ao leste, e Trotternish ao norte. As illas que rodean Skye son: Rona, Raasay, Scalplay, e Soay.

A poboación de Skye, no censo de 2001 era de 9.232 persoas. En contraste con moitas outras illas escocesas, isto representa un crecemento do 4% con respecto ao censo de 1991. A poboación residente aumenta durante o verán, grazas á gran cantidade de turistas e visitantes que chegan á illa.

As principais industrias son o turismo, a agricultura, a destilación de whisky e a artesanía. A cidade principal e capital da illa é Portree, que é coñecida polo seu pintoresco porto.

En Skye, atópanse sitios que mostran a ocupación de cazadores-recolectores mesolíticos, por exemplo en An Corran, en Staffin, onde hai evidencias de que houbo habitantes nun refuxio de rochas conforme demostrou unha escavación arqueolóxica, na costa de Wester Ross.

Skye sufriu fames negras e migracións masivas contra o remate do século XVIII, deixando a poboación minguada.

De todas as Hébridas Interiores, Skye é a que ten máis en común coas Hébridas Exteriores, con case a metade da poboación falante de gaélico escocés, e moitos deles pertencentes á Igrexa Libre de Escocia.

A destilería de whisky de Talisker atópase a unha beira do lago Harport, na costa oeste da illa.

Nesta illa, atópase o castelo Dunvegan, recoñecido coma o castelo máis antigo continuamente habitado de Europa. Ao contrario de moitos castelos europeos, é propiedade privada do clan MacLeod, que residiu alí desde o século XIII.

A illa de Skye foi inmortalizada pola canción tradicional The Skye Boat Song, e no famoso libro Cara ao faro, de Virginia Woolf.

Skye é coñecida pola súa paisaxe e tamén pola abundante vida silvestre, que abrangue aguias reais, aguias peixeiras, cervos vermellos e lontras.

Vilas e lugares

[editar | editar a fonte]

Portree é a vila máis grande, e o principal centro de servizos da illa, cunha poboación de 2.491 habitantes (censo de 2001). Sconser e Broadford atópanse no lado leste da illa. Outros asentamentos son:

  1. In April 2007 it was reported in the media that the island's official name had been changed by the Highland Council to Eilean a' Cheò. However, the Council clarified that this name referred only to one of its 22 wards in the forthcoming election, and that there were no plans to change signage or discontinue the English language name.[9][10]
Referencias
  1. "Group 34: islands in the Irish Sea and the Western Isles 1". Kmatthews.org.uk. Consultado o 1 de marzo de 2008.
  2. Strang, Alistair (1997) "Explaining Ptolemy's Roman Britain". Britannia. 28 pp. 1–30
  3. 3,0 3,1 Haswell-Smith (2004) pp. 173–79.
  4. 4,0 4,1 Modelo:Gaelic Placenames p. 105.
  5. Gammeltoft, Peder (2007) p. 487.
  6. Jennings and Kruse (2009) pp. 79–80.
  7. "Haakon Haakonsøns Saga" Arquivado 14 de xullo de 2012 en Archive.is. Norwegian translation: P. A. Munch. Saganet.is. Consultado o 3 de xuño de 2008.
  8. "Magnus Barefoot's Saga". English translation: Wikisource. Consultado o 4 de xuño de 2008.
  9. Murray (1966) p. 146.
  10. Tinning, William (1 de maio de 2007) "Council says Isle of Skye will keep English name". Glasgow. The Herald. Consultado o 28 de decembro de 2012.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]