Uig
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Reino Unido | |||
País | Escocia | |||
Concello | Highland | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | IV51 | |||
Prefixo telefónico | 01470 | |||
A vila de Uig é un pequeno lugar na costa setentrional da illa de Skye, en Escocia. Pertence á área municipal da Terra Alta.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Está situada nunha baía abrigada, na costa occidental da península de Trotternish, da que é a vila máis importante se ben non chega aos 500 habitantes. Esta posición protexida permitiu a existencia dun pequeno porto de onde parten varias liñas de ferri que unen a localidade con Tarbert (illa de Harris) e Lochmaddy (illa de Uist do Norte), ambas as dúas nas Hébridas Exteriores. Tamén ten liñas de bus que a vencellan con cidades importantes de Escocia, como Fort William ou Glasgow.
Cultura e turismo
[editar | editar a fonte]Ademais de ser un punto de embarcadoiro do ferri, pouco máis chama a atención do visitante que se achega a Uig. Ademais da vista que ofrece a estrada que vai cara a Staffin, o único monumento de interese é o "capricho" do capitán Fraser, unha pequena torre de pedra construída polo ementado mariñeiro en 1890, que ademais non se pode visitar.