Illa Somerset

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Somerset
Kuganajuup Qikiqtanga
Somerset Island.svg
Localización da illa
Wfm somerset island.jpg
Situación
PaísFlag of Canada.svg Canadá
Provincias e territorios do CanadáNunavut
ArquipélagoIllas Árticas do Canadá
MarOcéano Ártico
Coordenadas73°15′N 93°30′O / 73.250, -93.500
Xeografía
Superficie24.786 km²
Longura máxima225 km.
Largura máxima140 km.
Punto máis alto488 m. Creswell Peak
Distancia a terra2 km.
Demografía
CapitalFort Ross
PoboaciónDeshabitada

A illa Somerset (Inuktitut Kuganajuup Qikiqtanga), é unha das maiores illas do arquipélago ártico canadense, separada uns 2 km da península de Boothia polo estreito de Bellot, na rexión Qikiqtaaluk do territorio de Nunavut. Ten unha superficie de 24.786 km² (45ª do mundo e 12ª de Canadá por extensión).[1] Está deshabitada.

Historia[editar | editar a fonte]

Ao redor do ano 1000, a costa norte da illa de Somerset estaba habitada polo pobo thule, como queda demostrado polos ósos de balea, os túneles e ruínas de pedra. A finais de 1848, James Clark Ross, ao mando de dous barcos, arribou a Porto Leopoldo, na costa nordeste para pasar o inverno. En abril do ano seguinte iniciou unha exploración da illa en zorra.

En 1937, o creouse o forte comercial de Fort Ross (fito 72°0′34″N 94°14′8″O / 72.00944, -94.23556) pola Compañía da Baía de Hudson no sueste da illa. Pero once anos máis tarde foi pechado por mor das severas condicións do xeo, que o facían antieconómico e de difícil acceso. Isto deixou a illa deshabitada. O almacén tenda e a casa do administrador aínda se usan como refuxio dos inuit de Taloyoak, que acoden a cazar caribús.

Debido ás ruínas, á vida silvestre e ao fácil acceso desde a localidade de Resolute, a costa norte da illa converteuse nun popular destino turístico.

No verán de 2006, a serie "The National" da CBC Television visitou Fort Ross no quebraxeos da Garda Costeira "CCGS Louis S. St-Laurent", nunha serie especial que se centrou no cambio climático.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Atlas of Canada - Sea Islands". Atlas.nrcan.gc.ca. 2009-08-12. Arquivado dende o orixinal o 2013-01-22. Consultado o 2010-08-30. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]