Lingua inuktitut

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Inuktitut")
Inuktitut
ᐃᓄᒃᑎᑐᑦ
Outros nomes: Inuktitut, Inuttitut, Inuktitun, Inuinnaqtun, Inuttut
Falado en: Flag of Canada.svg Canadá
Rexións: Nunavut, Quebec (Nunavik), Terra Nova e Labrador (Nunatsiavut)
Total de falantes: 34.000 (censo de 2011)
36.000 xunto co Inuvialuk (2006)
Familia: Esquimó-aleutiano
 Esquimó
  Inuit
   Inuktitut
Escrita: Silabario inuktitut, alfabeto latino
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Flag of Nunavut.svg Nunavut e Flag of the Northwest Territories.svg Territorios do Noroeste
Regulado por: Inuit Tapiriit Kanatami
Códigos de lingua
ISO 639-1: iu
ISO 639-2: iku
ISO 639-3: iku

A lingua inuktitut (ᐃᓄᒃᑎᑐᑦ),[1] é unha das principais linguas inuit faladas no Canadá. É falada nas áreas ó norte da liña de bosque, incluíndo tamén áreas de Terra Nova e Labrador, Quebec, o noroeste de Manitoba e o territorio de Nunavut. É unha das linguas aborixes americanas que se escriben con silabario.[2]

Está recoñecida como lingua oficial de Nunavut xunto co inuvialuk. Ten recoñecemento legal en Nunavik, unha parte de Quebec, e está recoñecida como lingua oficial do ensino nas escolas inuit. Segundo o censo de 2006, existen uns 35.000 falantes de inuktitut no Canadá, incluíndo 200 que viven de xeito regular fóra das terras tradicionais.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]